A afección do Corme CF, en colaboración co clube, abre para os días 13 e 14 de Novembro unha campaña de recollida de alimentos non sexan de pronto perecedoiro, para colaborar de maneira altruista co Banco de Alimentos Ría Altas, da provincia da Coruña.
As persoas que visiten o Campo de Fútbol “O Cairo”, casa do Corme CF, nos choques das distintas categorías, poderán levar alimentos coma : pasta, conservas, arroz, fariña, aceite, etc…
Un bo motivo para axudar a quen máis o necesita,
-Foto e Texto : piratasdemuxia