Xa van duas veces que o RC Deportivo chimpou a Rubén de la Barrera de malas maneiras, e a afección en ambas estivo e está totalmente en contra de como se fixo. Na primeira Rubén non foi quen de ascender o equipo, pero salvouno de caer a 2ª RFEF. Nesta segunda chamárono tarde, moi tarde, xa que aguantaron moito a Óscar Cano, un dos principais culpables de non ter ascendido xa diretamente.
Déronlle a De la Barrera 4 encontros para tratar de endereitar o que estaba torto, e por unha mala tarde do equipo en defensa quedamos fora da loita polo ascenso. Rubén trouxo optimismo a unha afección que estaba decaida por como xogaba o equipo fora da casa, e deulle ilusión aos rapaces da canteira, que agora estarán espectantes de haber que pasa, pois o novo Director Deportivo, traerá de seguro a un adestrador da sua confianza, que posiblemente como acostuma a pasar, (oxalá que non), pecharalle as portas aos rapaces para darlle pulo aos xogadores da sua ralea.
Cada vez que o RC Deportivo saca unha nova nas redes sociais, as mensaxes do estilo : “Anunciade a volta de Ruben de la Barrera”, “Tede un pouco de decencia e traede a De la Barrera”, “Todo ben, pero anunciade xa a volta de Rubibarrerafdz”, “Contratade a Rubén outra vez ou empezamos a queimar caixeiros automáticos primeiro aviso”, “El Brexit, la elección de Trump y el despido de @rubibarrerafdz son los 3 errores más grandes de la humanidad en los últimos años. Estáis a tiempo de arreglarlo @RCDeportivo”…e así seguido.
Nos postulámonos na mesma idea. Queremos que se desfaga o ridículo que fixeron e que traian de volta a Rubén de la Barrera, un deportivista e coruñés que merece dirixir o equipo dende inicio de tempada, é o máis idoneo para levar esto dunha vez por todas a bon porto.
A foto montaxe que pubricou o técnico depoertivista nas redes sociais foi reproducida máis de 265.000 veces, e tivo milleiros de mensaxes de ánimos e de rabia, polo inxusto do seu despido.
Coma estes son moitísimos os mensaxes nas redes socias que piden a volta do adestrador coruñés :
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
(Presidente da Peña Os Piratas de Muxía”, socio e accionista do RC Deportivo)