A AFECCIÓN DEPORTIVISTA ACUDIRÁ EN MASA A SALAMANCA

“Las Pistas del Helmántico está a carón do “Helmántico”.

 

O Depor nunca camiña só e ise é o maior valor que ten este equipo, este escudo e estas cores. Dando o equipo vergoña por tódolos campos nesta tempada, nunca faltou o apoio dos afeccionados, por poñer un exemplo, en Ponferrada preto de 500 deportivistas nas gradas do “Toralín” co equipo de último e sen gañar un encontro dende a primeira xornada de liga, e así en tódolos campos, mesmamente a semana pasada en Soria con preto dun cento de afeccionados branquiazuis no “Pajaritos”.

Esta semana non hai liga, pero todo apunta a que se esgoten tódalas entradas a venda, para ir a Salamanca a un encontro de pouco tirón, ante o Unionistas, de 2ª B. Xa son 200 os deportivistas que estarán presentes e que xa contan ca sua entrada, pois o Depor nunca camiña só.

O encontro será o Domingo 12 de Xaneiro ás 12:00 hopras, (11:00 GMT), no campo coñecido com “Las pistas del Helmántico”, a carón do campo no que xogaba o desaparecido UD Salamanca, (2013), campo no que xa xogou o Depor na 1ª División.

O vindeiro encontro de liga ten un horario antifútbol ante o Racing de Santander o xoves 16 de Xaneiro ás 19:00 horas, (18:00 GMT). Para este encontro e para o seguinte, que tamén será en Riazor coa visita do lider, Cádiz, o Domingo 19 de Xaneiro ás 16:00 horas, (15:00 GMT), o clube fai unha oferta de entradas a 5 euros, (2 entradas, unha para cada encontro), para axudar a que os afeccionados se acerquen a Riazor.

Para historia queda a entrada do derradeiro encontro na casa ante o Tenerife con algo máis de 8.000 espectadores, pero con moitas salvedades. O encontro estaba pendente de ser suspendido ata hora e media antes do encontro e facía un tempo de cans, o que retraeu aos afeccionados de lonxe da Coruña. Hai que ter en conta que máis da metade dos socios do RC Deportivo somos de fora da Coruña.

 

-Foto : Google Images

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

-Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo co que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

-Tamén informar que trocamos de o noso email é : admin@piratasdemuxia.es

-Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas. Consultanos como facelo.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies