A AFE PIDE UNHA LIGA DE 26 EQUIPOS E O XULGADO ARCHIVA A “CAUSA DE BERGANTIÑOS”.

 

Se xa estaba complicado o asunto polas neglixencias do Fuenlabrada e os despropósitos e infraccións de Javier Tebas e a sua camarilla de “colegas”, agora a Asociación de Futbolistas Españois, (AFE), pide para solucionar “esta situación excepcional” unha Segunda División de 26 equipos, (sempre salvando o infractor e causantede cáseque todo, Fuenlabrada). 

Segundo o sindicato de futbolistas : “isto non debería supoñer ningún tipo de problemática a nivel de competición ou de calendario, debido a que xa se fixo así nas categorías do fútbol modesto, nas que non só non se produciron descensos, senón que se incrementou o número de participantes para a tempada 2020/2021, pasando de 80 equipos a 102”.

O nte sindical futbolístico apoia a sua petición en que : “Ante a situación excepcional que atravesamos por mor da pandemia de COVID-19 e as consecuencias nas que desembocou a suspensión parcial da Xornada 42, a Asociación de Futbolistas Españois (AFE) expón unha competición con 26 equipos en Segunda División para a tempada 2020/2021. Consideramos que deste xeito ningún futbolista veríase prexudicado pola decisión de ter unha liga de 22 ou 24 e garantiríase salvagárda dos dereitos adquiridos contractualmente polos nosos afiliados e os clubs”.

Outra vaca pa herba, diría un amigo deportivista. A AFE di haber enviado unha carta a tódolos clubes implicados na lea, (cada vez máis) : “Mandamos unha carta a todas as partes implicadas nesta situación e puxémonos á súa disposición para, entre todos, buscar a solución máis coherente e xusta”.

Por outra banda séguese sen novas dende o CSD e a sua cabeza visible, Irene Lozano, que xa debería haber actuado con celeridade e que paguen os pecadores, Javier Tebas e Fuenlabrada, causantes de toda a situación esperpéntica pola que está a pasar o fútbol español. A maioría dos clubs calan e otorgan poder a un inquisidor, que os ench de cartos.

ARCHIVADA A CAUSA DO “CASO BERGANTIÑOS”

O Xulgado Nº3 da Coruña ven de arquivar a “Causa Bergantiños”, o non atopar, “ningún elemento obxectivo e serio de proba ou indicio de criminalidade máis aló dunha conversación en ton de confianza do xogador cos seus compañeiros, polas circunstancias en que se acordou celebrar o encontro”. Todo a raiz da ridícula denuncia do Fuenlabrada e a LFP, (Javier Tebas), de que se tratase dun amaño de partido, para buscar meterse co RC Deportivo e a sua honestidade. Segundo o xulgado : “O non resultar debidamente xustificada a perpetración do delito, procede acordar o sobresemento provisional e arquivo das mesmas.

Como xa bos informamos no día de onte o capitán deportivista presentou unha denuncia pola sua detención, enbargo do seu mobil e molestias producidas, a espera de chegar o fondo da sua detención ilegal.

 

Foto : AFE

-Texto : piratasdemuxia.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies