A ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA CAMBIA O FORMATO DA IX EDICION DA súa XORNADA SOLIDARIA EN FAVOR DE CARITAS CORUÑA CONVIRTÍNDOA EN “ADESTRAMENTOS SOLIDARIOS”.

Imaxe da pasada edición no 2019.

 

Este ano a “IX Edición das Xornada Solidaria 5 Coruña Futbol Sala” que habitualmente se celebran no Palacio dos Deportes de Riazor cada ano, verase obrigada a sufrir un cambio no formato debido ás condicións actuais xeradas polo Covid-19.

Nas anteriores edicións o número de participantes superaba os 300 nenos, unha cifra imposible de xuntar nunha soa instalación durante unha mesma xornada.

O formato da “IX Xornada Solidaria 5 Coruña Futbol Sala” está baseado na organización de partidos de exhibición actividades multideporte, talleres de postais do Nadal e actividades orientadas á tecnificación do futbol sala. A Xornada Solidaria non pretende ser unha competición propiamente, senón un espazo no que compartir e colaborar a través do deporte, e neste caso a través do futbol sala.

Levar a cabo este formato este Nadal antoxábase imposible, pero ao 5 Coruña Futbol Sala parecíalle que o seu deber como Club era darlle unha volta de porca para que nun ano tan complicado, non só non deixar aparcado o noso deber social como club, senón que os herculinos propuxéronse o obxectivo de superarse nas cifras de recadación de comida e xoguetes de anos anteriores para axudar aos máis necesitados.

 

Imaxe do ano pasado na xornada solidaria.

 

Para lograr isto, o club deu comezo a unha serie de Xornadas Solidarias que o club quixo denominar “ADESTRAMENTOS SOLIDARIOS”. O obxectivo destes adestramentos solidarios é recadar comida e xoguetes, para a campaña de Nadal. Entre todos os membros do club achegarán noso o seu de area para axudar.

Os “Adestramentos Solidarios” comezaron a semana pasada. O formato dividirase en 2 vías de colaboración. Recollida de alimentos e recollida de xoguetes novos.

Durante as 2 primeiras semanas dos “ADESTRAMENTOS SOLIDARIOS” recolleranse alimentos nos perecedoiros. E durante as 2 semanas seguintes recolleranse xoguetes para que ningún neno quede sen agasallos este nadal. Desde Cáritas Coruña indicouse que é importante que os xoguetes sexan novos, e que non vaian envolvidos en papel de agasallo para facilitar o labor de distribución dos mesmos.

A pesar das adversidades actuais o club coruñes continuará sacando adiante unha das súas accións sociais que veu para quedar.

-Foto e Texto : Academia Red Blue 5 Coruña