A 9ª TRAVESIA “O CAMIÑO A VELA” PASOU POR MUXÍA E ARRANCOU HACIA MUROS.

 

Tal e como vos informamos estes días a 9ª Travesía “O Camiño a vela”, chegaba a Muxía no día de onte para un ano máis cumplir co rito deste peculiar “Camiño hacia Santiago”. Unha singladura que con 20 veleiros saía o pasado 6 de Xuño en La Rochelle, (Francia), e que por novena vez percorría todo o Golfo de Vizkaia, para tomar terra en Hondarribia e percorrer todo o norte Ártabro, e adentrarse en Galicia o pasado 19 de Xuño parando en Ribadeo, Viveiro, A Coruña, e Muxía, para tras dous medios días na localidade muxiana coller rumbo a Muros, para tras parar igualmente dous días, poñer rumbo a Ribeira e despois Vilagarcía da Arousa, e dende alí, tras tomar forzar, emprender o Camiño hacia Santiago de Compostela, pasando por Padrón, para rematar o Camiño, neste treito a pé, na Catedral santiaguesa.

 

 

Un ano máis os en torno a 200 peregrinos disfrutaron da cultura e gastronomía muxiana, sen deixar de facer a visita o Santuario da Nosa Señora da Barca, milenariamente asociada o Camiño de Santiago e os peregrinos. Data a lenda da Barca segundo os teólogos de antre o ano 570 e 630, con numerosos escritos antigos das visitas o que daquela era unha pequena hermida. Tamén quedaron abraiados os navegantes coa presenza no Porto Deportivo 2Marina Muxía”, coa presenza do veleiro do seu tipo, máis grande do mundo, o 2Windwirld”, que cos seus impoñentes 30 metros de eslora e 85 toneladas, permanece atracado no porto deportivo muxián dende antes do Nadal. 

 

 

O “Rally de Gascuña 2024” atracará en Muxía en Xullo

A travesia “Rally de Gascuña 2024”, sairá de Pornic, (Francia), o 3 de Xullo do 2024 e espérase que chegue a Muxía o 7 de Xullo, onde permacerán ata o día seguinte de onde sairán cara a Baiona. Tras un par de días na vila pontevedresa voltarán a facer o camiño navegando e recalarán de novo en Muxía o xoves 11 de Xullo, para disfrutar unha vez máis do pobo un par de días máis, para sair o sábado 13 en dirección de novo a Vila Balnearia de Pornic, atravesando o Golfo de Vizcaia para rematar na vila loiresa o mércores 17 de Xullo. Todo a expensas do tempo, pois pode haber unha demora de ata 2 días, en relación cas calmas finadas, ou os fortes ventos de proa.

 

-Foto : A Orgañización

-Texto e mapa : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies