A 3ª DIVISIÓN SEGUE A CAERSE A CACHOS : “ESTA SEMANA XOGARANSE ´POSIBLEMENTE` DOUS ENCONTROS NA 15ª XORNADA”.

 

O pasado Domingo, tal e como comentamos na crónica, tan só se xogaron 2 encontros da 14ª  xogáronse 2 encontros dos 6 que compoñen cada xornada. Catro deles foron adiados por mor de positivos en varios dos equipos, un feito que se repite “en principio”, esta semana cos encontros da 15ª xornada, que de aquí o vindeiro Domingo poderían ser menos, ou ningún, se por desgracias hai algún caso nos equpos que van a xogar.

Os encontros que se xogarán o vindeiro Domingo 31 de Xaneiro son o UD Somozas-Viveiro CF ás 12:00 horas ca arbitraxe de Sergio Miguéns, no “Manuel Condocia” das Somozas e o Racing Vilalbés-Bergantiños CF, as 16:15 horas, no “A Magdalena”, dirixido por Álvaro Juncal.

Quedan adiados : Polvorín FC-CD As Pontes; SD Silva-Agrupación Estudiantil; UD Paiosaco-SD Fisterra e CSD Arzúa-Fabril. Tamén quedan adiados no Grupo Sur polos mesmos motivos o : Alondras-Rápido de Bouzas e Estradense-Ribadumia.

Cando fai unhas semanas criticábamos a idea de comezar a Preferente e o Fútbol Base por parte da Federación, vendo todo canto está a pasar cos positivos no fútbol, futsal e outros deportes e tendo en conta no caso do fútbol base que hai un sinfín de positivos nos colexios, recibmos unha grande cantidade de mensaxes polas diferentes vías de contacto da nosa web e persoais.

Tivemos unha enorme cantidade de mensaxes que compartían a nosa idea, e que achacaban o interés de iniciar competicións pola parte económica, e sen pensar na saúde das persoas, pero tamén recibimos 14 totalmente en contra da nosa crítica a que se iniciasen as competicións, e decindo algúns deles que só era un ataque noso a RFGF.

O tempo estanos a dar a razón, e estase a ver cada semana, (e xa dende o inicio das ligas), como son numerosos os positivos no fútbol e no deporte colectivo en xeral, dende profesional ata o de base de ligas nacionais. Non existe unha liga na que non haxa problemas por positivos, dende as máis visibles ata as menos, e para exemplo direto aquí está a nosa 3ª División, que xa abondo ten cas restriccións de aforo dos afeccionados, toda unha cruz, que se multiplica por 1000 cos casos de COVID-19, que desvirtúan a competición,, xa que hai equipos con 2-3 e para semana ata con 4 encontros menos, que cando se xoguen xa non será o mesmo, dependendo do que necesite cada equipo e o que se xogue.

Sobre se atacamos a RFGF, decir que é de xente de pouco cerebro decir semellante subnormalada, (non ten outro nome), pois a Real Federación Galega de Fútbol é de todos, i está por enriba das persoas que estén neste ou noutro momento, polo sempre informamos de todo canto nos mandaron e seguimos informando do que nos chega indiretamente das suas actuacións.

Deixáron de mandarnos información…seguramente non lles guste o que pubricamos, pero somos un medio de comunicación dado de alta en Facenda, como calquer outro que o esté, ca salvedade de que non pertencemos a ningunha empresa, o que conseguimos e a base de moito traballo e sendo xente de mar, con máis de 34 anos informando  agora dende fai 14 anos nesta web, e antes en xornais e noutras webs.

-Foto e Texto : piratasdemuxia