A 3ª DA COSTA, ÚNICA LIGA QUE QUEDA NA “UVI” TRALO COVID-19

A 3ª da Costa queda moi tocada tralo COVID-19.

 

A 3ª da Costa é cada ano a liga máis desprestixiada polo número de equipos que a compoñen. Os ascensos a Liga da Costa son 3 e os descensos 2, pero esta tempada non houbo descensos tralo acordo da RFGF e o 95% de asembleistas e subiron 4, en lugar dos 3 de tódolos anos, (FC Camariñas, como campión, Outes CF, como subcampión, UD Monte Louro, por mellor coeficiente dos que tiñan que xogar a promoción, e CD Nantón por deportividade).

Cada tempada vese esta liga con problemas a hora do número de clubes, e desta volta o COVID-19 fai que esteña na UVI, pois ascenderon 3 equipos e non baixa ningún, o que fai que a vindeira tempada, (en principio), se todos repiten haberá 7 equipos, o que arroxa uns números nefastos de 3 encontros por xornada e que un descanse, o ser impares. O único que pode aliviar un pouco esta situación que se ven repetindo dende fai anos e que levou a que  RFGF fixese tempadas con 3 ou 4 voltas, que non gustaron a ninguén e que fixeron que os equipos cando repetían tivesen en contra “friccións” do encontro anterior antre ambos.

Na vindeira tempada en principio estarán o : SD Laxe, SD Camelle, Sporting Seaia CF, CF Castrelo, CF Porteño, UD Corcubión e SD Ameixenda.

A 3ª da Costa polo tanto é a única liga que sufre directamente os danos do COVID-19, e podería ser mitigado un pouco se aparece algún equipo novo, sexa filial dos de liagas como a 3ª División, Preferente ou 1ª Galicia, ou que apareza algún equipo novo.

A nosa opinión, hoxe en día, e dende fai moito tempo, pasaría por unha 1ª Galicia da Costa, e unha Liga da Costa máis potente, sexa o primeiro ano en dous grupos, ou sexa con máis equipos e subindo un número superior a 1ª Galicia, e esquecerse desta 3ª da Costa moi deteriorada.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies