A 3ª da Costa deu comezo este pasado Domingo da Barca con partidos moi entretidos e cargados de goles. A xornada inaugural deixou ata cinco equipos líderes, todos con tres puntos, mentres que outros catro sumaron un empate e seis equipos quedaron sen puntuar.
O S.D. Oza foi o gran protagonista, ao asinar unha goleada contundente sobre o C.D. Baiñas (7-0), colocándose como primeiro líder por golaveraxe. Tamén brillaron o Buño S.D., que superou con claridade ao Inter de Brens (4-1), e o U.C. Cee, que venceu con autoridade ao S.D. Camelle, (1-4).
O S.D. Coristanco tamén sumou de tres, pero cun triunfo máis axustado ante o C.D. Nantón (3-2). A quinta vitoria foi para a U.D. Cerqueda, que gañou pola mínima no campo do Sporting Seaia C.F. (0-1).
Houbo dous empates moi loitados: o S.D. Laxe e o Muxía C.F. “B” repartíronse os puntos (2-2), no choque que xa se xogou a semana pasada por mor de evitar coincidir ca romaía muxiana, e o mesmo fixeron o Atlético Pereiriña F.C. e o Lira C.F. (2-2).
Vídeo do primeiro gol do Oza, un auténtico golazo de Davicillas :
Resultados
-
S.D. Laxe 2-2 Muxía C.F. “B”
-
Buño S.D. 4-1 Inter de Brens
-
Atlético Pereiriña F.C. 2-2 Lira C.F.
-
S.D. Coristanco 3-2 C.D. Nantón
-
Sporting Seaia C.F. 0-1 U.D. Cerqueda
-
Camelle S.D. 1-4 U.C. Cee
-
S.D. Oza 7-0 C.D. Baiñas
Clasificación
-
S.D. Oza — 3 pts
-
Buño S.D. — 3 pts
-
U.C. Cee — 3 pts
-
S.D. Coristanco — 3 pts
-
U.D. Cerqueda — 3 pts
-
Atlético Pereiriña F.C. — 1 pt
-
Lira C.F. — 1 pt
-
Muxía C.F. “B” — 1 pt
-
S.D. Laxe — 1 pt
-
Volantes de Baño F.C. — 0 pts
-
C.D. Nantón — 0 pts
-
Sporting Seaia C.F. — 0 pts
-
Camelle S.D. — 0 pts
-
Inter de Brens — 0 pts
-
C.D. Baiñas — 0 pts
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Video : SD Oza
