A “LX COPA DA COSTA” VALEU PARA A DESPEDIDA DO ÁRBITRO, ÓSCAR SANTOS, TRAS MÁIS DE 300 ENCONTROS NO NOSO FÚTBOL.

Estes día vímosvos desgranando moitas cousas que hobu na Copa da Costa das que en algún caso había afeccionados que xa sabían de que ían e outros non, ou non tanto. Homenaxeouse aos 5 “superviventes” do CF Muxía da final a 3 encontros da Copa da Costa do 1966, (3ª edición, onde uns percebes decidiron quen se levaría a copa), tamén tivo o seu homenaxe “in memoriam” a que fora presidenta do UC C, Verónica Albores, que nos deixou de maneira prematura no mes de Marzal, e desta folta traémosvos unha despedida.

 

Óscar segundo pola esquerda.

A despedida do colexido Óscar Santos Rodríguez que actuaba como cuarto árbitro na final masculina a da “LX Copa da Costa”. Tralo remate do encontro o presidente da Delegación de árbitros da costa, Manuel Espasandín Romar xunto co presidente da Real Federación Galega de Fútbol, (RFGF), fixéronlle entrega dunha camiseta de árbitro asinada por tódolos seus compañeiros da Delegación da Costa.

Moitos dos seus compañeiros árbitros que se atopaban no campo remataron a despedida de Óscar manteándoo.

 

O colexido con Manuel Espasandín e con Pablo Prieto.

Se os nosos datos non están mal, Óscar Santos Rodriguez que dirixeu na costa un total de 319 encontros oficiais, comezou a sua arbitraxe na costa na tempada 2017/18 na que dirixeu 35 encontros todos eles de base nas categorías de fútbol 8, infantil, cadete e xuvenil, dirixindo ese primeiro ano as finais da Copa da costa cadete e xuvenil. Na segunda tempada xa dirixeu 61 choques e xa o fixo ademáis de na base na 3º da Costa, Liga da Costa e veteranos. Na terceira tempada, (2019/20), dirixeu 60 encontro e tivo o seu primeiro encontro no fútbol feminino, un Mazaricos-Lalín da Liga de F7 de Santiago, na que estaba o equipo mazariquense no seu comezo. Na cuarta tempada arbitrou por primeira vez na 1ª Galicia, (actual Primeira Futgal), pero ese ano só dirixeu dous encontros e foron desta categoría, e na seguinte dirixiría 18 choques, para voltar a tempada pasada con forza e batir o seu record dirixindo 83 encontro. Nesta a da sua despedida dirixeu 60 encontros e despideuse como cuarto árbitro na finalísima da “LX Copa da Costa”, que dirixeu o seu compañeiro David Castreje con Iván Guerra e Alejandro Tato nas bandas.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies