A 2ª B SEN XOGAR.

 

A merecida vitoria do CD Lugo ante un Mirandés a media marcha, (2-1), e a vitoria do Albacete sobre o CD Cadiz no minuto 90, (0-1), de penalti tras unhas mans involuntarias que Vicandi Carrido deu como penalti, tras velo na televisión o non decidir o VAR, envíanos diretamente a 2ª B.

Non se deron os resultados e despois de desperdiciar varios encontros para pechar a permanenza fan que o futuro se ennegrezca cun histórico desenso tras unha remontada espectacular na 2ª volta, sendo tralo Tenerife o equipo que máis fixo con 33, pero os 15 puntos da primeira volta foron unha lousa, así coma os penaltis pitados ante Rayo, Tenerife e o gol consentido ante o Málaga tras unha clara man, que nos supuxeron a perda de 5 puntos. Tarde para queixarse pero foi a realidade.

Toca resetear e pensar xa na vindeira tempada nunha división que non xenera practicamente cartos e que de seguro que o plantel trocará totalmente en tódolos aspectos.

Agora falla ver como queda o asunto trala suspensión do Depor-Fuenlabrada que adulterou a competición, xa que non é o mesmo xogar sen a presión do resultado nos outros campos, para os que eran rivais do Depor. O Fuenlabrada incumpleu o protocolo dictado pola LFP, que a pesars de todo consinteu que se xogase a xornada e rompeu a lei do horario unificado.

Forza Depor sempre sen importar a categoría e ánimo a todo o deportivismo.

 

O Club emprenderá accións legais e fixo un comunicado o respecto :

Coñecida a nota informativa en que se comunica o acordo do adiamento do encontro da 42ª xornada de LaLiga: RC Deportivo – CF Fuenlabrada, e a celebración do resto da xornada en horario unificado programada para hoxe ás 21:00 horas, o Real Club Deportivo da Coruña SAD puxo en coñecemento tanto de LaLiga, como da RFEF e o CSD, a súa oposición frontal a tal decisión, ao entender que se adultera a competición e o espírito das dúas últimas xornadas con partidos cuxos resultados inflúen nos demais.

O Real Club Deportivo cumpriu escrupulosamente con todas as esixencias sanitarias marcadas nos protocolos e presentouse á disputa do partido sen que comparecese o Fuenlabrada. Por suposto, mostrámonos totalmente de acordo coas razóns sanitarias que obrigan á suspensión e que son asumidas por este Club, pero consideramos que debe entenderse que o Fuenlabrada non se presentou á celebración do partido e que ao Deportivo prexudícalle a disputa do resto da xornada nestas condicións.

Por todo iso, o Real Club Deportivo da Coruña estudará e emprenderá todas as accións legais necesarias, antes as instancias correspondentes, en defensa dos seus lexítimos intereses.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.