A 1ª GALICIA GRUPO 4 TAMÉN SE UNE O “NON” A COMEZAR AS LIGAS E RENUNCIAN A COMPETIR.

 

Se fai uns días era a 1ª Galicia G2 a que decía “NON” ao sen sentido da RFGF de comezar as ligas, nun intre tan difícil coma o que estamos a vivir, no que, nen os clubes, nen os xogadores, nen os seus familiares, nen os afeccionados…queren que se xogue, pola perigosidade da situación, onte uníanse a petición de que non se xoguen as ligas, 18 dos 19 equipos da 1ª Galicia G4, de Ourense. A idea do ente federativo é comezar os 24 de Xaneiro con algunhas e outras en Febreiro. 

Se nun encontro de fútbol ou futsal, un xogador contaxia a outro, ou a varios e no mellor dos casos só lle queda a algún secuelas, ou no peor morrer, ou morrer un familiar ou amigo que contaxia indiretamente…quen cargará con esto?…os responsables de que esto ocurra?…Os de que se dese o caso?…quen?

É comprensible que a RFGF queira salvar algo das perdas este ano e queira comezar as competicións, pero todos perdemos algo nesta pandemia, uns cartos, outros saúde, outros libertade, outros os seus negocios, e máis de 50.000 persoas, (fálase de cifra real de máis de 70.000), perderon a vida. A Xunta ten o slogan de : “SENTIDIÑO”, i eso é o que hai que ter, por parte de uns e de outros e antepoñer a saúde a todo. Xa viran tempos mellores, pero os de agora parece que empeoran.

 

Tamén hai equipos coma o Sobrado uventude que se postulan en solitario, como xa pasou con equipos da Costa.

-Foto e Texto : Captura Twitter/piratasdemuxia