Muxía e Fisterra atoparanse nesta categoría 34 anos despois.
Fai uns días remataba a Fase de Ascenso a 1ª Galicia G2 e nela ascendía o CF Muxía tras derrotar o CF Mazaricos nos dous encontros da final, (02- e 1-0), a vitoria dos da Vila da Barca dáballes un ascenso meritorio e do que levan acariñando nas derradeiras tempadas pero sen conseguilo. Voltan despois de 34 anos que a visitaran esa categoría, na que suman duas tempadas na sua historia, cando se denominaba 1ª Rexional, (1987-88 e 1989-90). Os muxiáns acompñarán a vindeira tempada ao SD Castriz, brilante e indiscutible campión da pasada Liga da Costa.
Ca baixada na pasada tempada do CD Baio, e a subida dos castricenses e muxiáns, a 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, aumenta nun equipo a participación de equipos costeiros, que na 2024/25 serán 6, polos 5 da pasada campaña. Xunto os dous recén ascendidos estarán dos nosos o CF Dumbría, SD Fisterra, SCDR Esteirana e SD San Lorenzo, e como equipo próximo a costa o SD Tordoia..
Dado que nesta rrematada tempada só ascendeu o SD Negreira a Preferente Norte, e que o Cordeiro CF e o Puebla FC non superaron a Fase de Ascenso, así queda a 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago :
CF Dumbría
SD Fisterra
SCDR Esteirana
SD San Lorenzo
SD Castriz
CF Muxía
SD Tordoia
Cordeiro CF
Puebla FC
CD Unión
Flavia SD
Praiña Sporting Club
SR Calo
Bertamiráns FC
SD Agolada
SD Valiño
A estes equipos haberá que sumar un dos que baixaron da Preferente Norte, que non temos claro cal será : SD Residencia, CD As Pontes ou Eume Deportivo, con eles tamén baixou o Victoria CF, pero dos 3 primeiros algún pasou en algunha ocasión por este grupo nos derradeiros anos.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”