A 1ª EQUIPACIÓN DO DEPOR : “A CORUÑA” O PORQUÉ DO SEU NOME E O SEU DESEÑO

 

1ª  EQUIPACIÓN CHÁMASE “A CORUÑA”

A primeira equipación do Depor 2019/20 tal como se filtrou no día de onte levará as raias horizontais por primeira vez nos 110 anos de vida do clube. Será a primeira vez que a leve o equipo de fútbol na savestimenta, pero “A Coruña” que é como foi bautizada polo clube é unha homenaxe a bandeira do Deportivo que portan dende fai tantos anos os afeccionados en Riazor e polo mundo adiante, e as outras disciplinas que tivo o clube nas que a franxa ou franxas eran horizontais.

 

 

Así nolo explican dende o clube, que irán desvelando o nome de cada unha e o porqué do seu nome e deseño :

“O Real Club Deportivo estreará, como cada tempada, deseño de camiseta para afrontar a 2019-2020. O novo equipamento branquiazul está inspirada nas bandeiras do Dépor que asolagan a cidade cada vez que se achega un acontecemento importante, lembrando especialmente como a cidade tinguiuse de branquiazul en cada ascenso de categoría e, fundamentalmente, no primeiro gran recordo en cor do deportivismo, o de 1991.

Porque o obxectivo final é ese ascenso de categoría e que A Coruña volva encher de bandeiras branquiazuis para celebralo, esta tempada a camiseta destaca por axuntar eses dous símbolos, a forza da bandeira deportivista e o nome da cidade na parte posterior do pescozo. Son dous das grandes novidades dunha peza para a que non só buscou esa referencia.

Esta tempada o Estadio ABANCA-RIAZOR cumpre 75 anos de vida. Tres cuartos de século que o Club quere celebrar e lembrar. Riazor foi durante todo este tempo, fundamentalmente, un campo de fútbol, o estadio do Dépor. Un Dépor que, durante 48 dos 75 anos do Estadio (50 en total), tamén foi un Club polideportivo con seccións de xadrez, atletismo, baloncesto, balonmán, boxeo, ciclismo, hóckey herba, hóckey patíns, natación, rugby e tenis. Esas seccións deron grandes alegrías ao deporte coruñés e ao propio Dépor que, en homenaxe a algunhas delas, utiliza por primeira vez para o equipo de fútbol, o equipamento azul e branca a raias horizontais que tantas veces defenderon con orgullo e paixón especialmente os atletas e ciclistas do Real Club Deportivo. Tres participacións olímpicas, un campionato de europa e 46 títulos nacionais conseguiu o Dépor en atletismo e moitos deses logros traballáronse e conseguíronse no estadio de Riazor defendendo unha camiseta como a que este ano se vai a lucir. Ou nin máis nin menos que unha Volta a España de ciclismo, a que gañou Julián Barrendero co escudo do Dépor no peito, o dun equipo ciclista que tamén tivo camisolas a raias horizontais.
As bandeiras do Dépor, A Coruña engalanada con elas e a homenaxe aos deportivistas que durante medio século defenderon o escudo e a camiseta noutras disciplinas. Esas son as razóns para honrar “A Coruña”, o primeiro equipamento do Dépor 19-20″.
Foto: – vidaatleticadegalicia. org – Manuel C. Gayoso, atleta olímpico mentres militaba no Club, coa camiseta do Dépor.
-Toda a información e fotos do RCDeportivo.com-

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es