A falla do informe anual que nos achega o RC Deportivo sobre a masa social, esta tempada que remata oficialmente o 30 de Xuño, trascendeu que o clube acadou a cifra de 30.556 socios en torno aos 1.500 máis co ano pasado colocándose como o 9º equipo en socios no fútbol español, superado, (por órde de 1º a 8º) : Real Madrid, Barcelona, (Con menos socios o estar en obras o Camp Nou, pero situámolo na lista igualmente), Atlético de Madrid, Betis, Atlhetic Club, Sevilla, Real Sociedad e Valencia. A tenor desto hai que dicir que todas son cidades de máis habitantes ca Coruña, que son todo equipos de 1ª División e que todos contan con campos de maior capacidade que Riazor, que ca longa lista de espara de novos socios, na sua maioría xente xove, podería alcanzar en torno aos 40.000 dado que hai unha lista de espera que o ano pasado superaba os 10.000.
Nesta tempada que imos pechar cando levaba tan só duas semanas de aberto o prazo de renovacións de abonos para os que renovaban, e tras dar un pequeno prazo para trocos de asento primeiro e para novos socios despois, o Depor tivo que pechar a posibilidade de socio con dereito a butaca no estadio cando levaba 27.500. Ainda que Riazor ten en torno aos 30.500 asentos, ata esta cifra foron reservados polo clube para a afección visitante, (máis de 700 na chamada “xaula”), sponsors, compromisos do clube con asociacións deportivas e sociais, obrigacións ca LFP e tamén para os Socios Amigo que teñen dereito co seu carnet a asistir a 3 encontros.
Os 3.000 socios que se fixeron tras pechar a campaña 2024/25 no tocante a socios con dereito a asento no estadio, foron no apartado de Socio Amigo e Ne@s Depor, este último usado polos deportivistas para facer socio aos recén nados/as un regalo de por vida. Logo hai a posibilidade do carnet Mascota Depor si queres que o teu can, gato, lagarto, etc, queira ser socio deportivista pero esta modalidade non entra na listaxe de número de socio, como xa ben explicou o clube desde que se creou esta maneira de formar parte do deportivismo.
A espera da nova campaña e ca renovación de contrato e de votos de Yeremay Hernández, a ilusión vai en umento e subirá máis segundo a importancia das fichaxes que se traian o que fará que a lista de reservas para enrar creza e co desexo de que o campo tamén creza de cara a cita mundialista para poder acoller a toda esa xuventude, (en non tan xoves), que espera poder entrar o campo.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”