6 DE XULLO ASEMBLEA DE PEÑAS DEPORTIVISTAS E FESTA FIN DE TEMPADA.

Asemblea da Federación de Peñas Deportivistas e festa fin de tempada
O próximo 6 de xullo a Federación de Peñas Deportivistas celebra a asemblea de final de tempada na sala de prensa de Riazor. Poden asistir un máximo de dous membros por peña e rogan dende a federación a confirmación, con prazo máximo do próximo xoves 4 de xullo.
Así mesmo, ese mesmo día pola noite celebrase a cea de fin de tempada no “Mesón de Pastoriza” ás 22:00. A Federación convida a un membro por peña, para o resto de peñistas que queiran asistir o prezo será de 35 euros. Tamén rogan confirmación antes do próximo xoves 4 de xullo.
Haberá buses gratuítos desde a explanada de Riazor con saída ás 21:30 horas, que retornarán ao mesmo punto unha vez acabada a festa no citado local.
Dende a Federación de Peñas Deportivistas aproveitan para : “Agradecervos o traballo realizado ao longo do ano, e a axuda que nos prestastes no noso primeiro ano na Federación”.

 

Asemblea Anual da Federación

A Asemblea Anual da Federación de Peñas do RC Deportivo terá lugar na sala de
prensa do Estadio de Riazor o vindeiro 6 de xullo, sábado, co seguinte horario:

17.00 horas – Primeira convocatoria
17.30 horas – Segunda convocatoria.

ÓRDE DO DÍA

1. Resumo de actividades feitas durante esta tempada
2. Presentación de contas
3. Rogos e preguntas.

“Rogamos confirmación, tanto da asitencia á asemblea como da cea”.

#AUniónFaiAForza

++++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es