Martín cos dous bronces.
Doble medalla de bronce, en K1 e en C1 infantil, para Martín Fernandez Romár nos
Campionatos de España de Slalom.
A Vila leonesa de Sabero acollía un ano máis os Campionatos de España de Promesas no seu
Campo de Slalom de Alejico, e ata alí se desplazou unha pequena expedición do CDM Piragüismo
Dumbría na busca de lograr a mellor clasificación posible dos seus dous participantes, Brais
Sánchez Cancela, e Martín Fernandez Romar, que ademáis representarían xunto co seu técnico
Quique Portela, a Galicia nos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas, que se
disputaría o sábado pola tarde.
A xornada do sábado foi quizais a peor de todo o ano para os deportistas costeiros, coa única
excepción de Brais Sanchez, que en C1 acadou o paso de forma directa ás semifinais. No K1
ambolos dous pasaron pola repesca, e Martín tamén tivo que facelo coa canoa.
Nas finais, o domingo, se trazou un percorrido de moi alto nivel técnico, con portas realmente
complicadas e cun par de remontes en zonas bastánte delicadas. A Brais este percorrido se lle
atragantou, e non foi quen de colarse entre os 5 mellores que acadaban o pase ás finais. Sen
embargo Martín Fernandez se adaptou perfectamente as novas condicións, e o seu rendemento
foi aumentando segun avanzaba a competición metendose entre o clube exclusivo dos 5 finalistas
por modalidade, tanto en C1, cun magnifico treceiro posto, coma en K1 no que entrou co quinto
mellor rexistro. En C1 Martín fixo unha baixada boa, cun erro na porta 6, pero a dificultade do
percorrido para os canoistas fixo que mesmo así mantivese a súa terceira plaza.
Martín en acción na proba.
No K1 había que arriscar máis para estar no podium. E Martín fixo a baixada da súa vida. Cun tempo mui bó, e con cero penalizacións, o de Olveira cruzou a meta sabendo que muito se tiñan que torcer as cousas para non ter medalla. E así foi: outra medalla de bronce que puña un fantástico broche de ouro a outra excelente competición dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, e que se suma o Subcampionato de España sub23 acadado por Iago Canosa.
Un dos podios con Martín no 3º chanzo.
Ademáis ata Sabero se desplazaron os alevíns Sara Fernandez Romar, Xesus Pena Cundíns e
Xián Caamaño García, que exerceron de abridores para adquirir experiencia, xa que a tempada
que ven debutarán nesta competición a nivel nacional.
-Autor do artigo : Quique Portela
-Fotos : Nobert Aguilera
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es