ASÍ FOI A PRIMEIRA ROLDA DA “IV COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DE FÚTBOL FEMININO”

Unha foto para a posteridade do UC Cee co Bergantiños

no primeiro encontro da sua historia.

 

Bergantiños e Paiosaco seguen adiante na “IV Copa Deputación da Coruña” de fútbol feminino. As carballesas deixaban fora sen atrancos ao UC Cee que xogou o seu primeiro encontro en competición oficial, un fito histórico comoo é o do primeiro gol da historia do equipo, que foi obra de Lucía Masrtínez aos 34 minutos de xogo e que representaba o 1-1 nese intre. O encontro acabou con vitoria carballesa por 8-1.

O ED As Miúdas, equipo costeiro, tiña como rival a un dos “cocos” e fixo valer esta condición gañando en terras muradanas por 0-7, deixando fora as rapazas de Muros.

O UD Paiosaco que debutaba en competición oficial deixaba fora ao Brexo Lema, sendo así a primeira vitoria da sua historia e o seu primeiro gol foi obra de Estefanía no 57 e valía para empatar o encontro que acabarían gañando 3-1, cunha remontada histórica, para deixar nos libros da historia do equipo e do clube.

 

Bergantiños CF 8-1 UC Cee

Goles : 1-0, Noelia, (25´); 1-1, Lucía Martínez, (34´); 2-1, Isa, (38´); 3-1, Isa, (46´); 4-1, Tatiana, (66´); 5-1, Isa, (71´); 6-1, Noe, (81´); 7-1, Noe, (84´); 8-1, Noe, (86´).

ED As Miúdas 0-7 Orzán SD

Goles : 0-1, Carmen, (36´); 0-2,  Inés (50´); 0-3, Inés, (69´); 0-4, Inés, (72´); 0-5, Carmen, (75´); 0-6, Carmen, (78´); 0-7, Inés, (87´).

UD Paiosaco 3-1 Brexo Lema

Goles : 0-1, Andrea, (32´); 1-1, Estefanía, (59´); 2-1, Naiara, (74´); 3-1, Amanda, (78´).

RESULTADOS

Martes 30/07/2019

Órdenes 0-15 Betanzos

Noia 0-7 Victoria FC

Tordoia 3-0 Carreira

-Mércores 31/07/2019-

Xuventude Crendes 0-2 O Val

Sporting Burgo 0-6 Unión Campestre

Pastoriza 2-6 Sporting Cambre

Olímpico 0-16 Narón

Portazgo 0-9 Abella

Silva 4-1 Torre

Arzúa 1-6 Xuventú Aguiño

Unión 0-2 Villestro

Bergantiños 8-1 UC Cee

ED As Miúdas 0-7 Orzán SD

Paiosaco 3-1 Brexo Lema

Once Caballeros 0-4 Deportivo

 

OITAVOS DE FINAL

Os oitavos de final xogaranse o vindeiro Domingo día 4 de Agosto, dos que xa vos daremos contada información nunha previa. Os equipos costeiros teñen complicados rivais. O Bergantiños enfrontarase ao Orzán SD e o UD Paiosaco ao Deportivo Femenino.

 

-Foto da portada do Bergantiños CF-Esculeas de Fútbol Luis Calvo Sanz-

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies