ASÍ SERÁ A “COPA FEDERACIÓN” QUE COMEZA O VINDEIRO MÉRCORES 24

O UD Paiosaco debuta pero xa sabe o que é gañar copas.

 

Así será a Copa Feredación 2019

Por primeira vez na sua historia entra o UD Paiosaco Hierros Añón na “Copa RFEF” e faino moi pronto, pois entra na eliminatoria previa que o enfrontará aos veciños do Club Silva SD o vindeiro 24 de Xullo. O que pase o corte, pois esto é a encontro único de principio a fin, espéralle o Rápido de Bouzas. Logo haberá un parón ata o 18 de Agosot, para tres días máis tarde xogarse a final.

Moita incertidume crea a Copa Federación, primeiro por ser a encontro único e despois que ainda é máis relevante é o feito de que os equipos ainda non fixeron practicamente pretempada e os corpos están máis para festas parroquiais ca para fútbol, pero esta competición vale para darlles un incentivo aos clubes e para comezar a queimar “churrasco”.

CADRO DE ENFRONTAMENTOS E DATAS

 

IMPORTANTE

As datas determinadas para cada eliminatoria poderán ser modificadas atendendo ao seguinte:

a) Co mutuo acordo de ambos os clubs
b) Que a data proposta non supere a sinalada para a seguinte eliminatoria.
c) Obteña a autorización da RFGF.

-Datos que nos facilita a RFGF-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es