ASÍ ESTARÁN OS BANQUILLOS DA 3ª DA COSTA 2019/20 : “BAILE DE ADESTRADORES”

Sergio “Agranzón” deixa o Corcubión e dirixirá o Castrelo.

 

Baile de adestradores na 3ª da Costa 2019/20

Ainda faltan algo menos de 2 meses para que comece a competición na 3ª da Costa 2019/20, que ten como data de inicio en principio o 8 de Setembro, pero sen acabar de concretarse os bancos, as diretivas están a fichar xogadores e no que se refire aos bancos tan só 5 repiten, (en principio), hai 3 novos fixos e noutros 4 casos a incertidume está no aire. Dende o SD Laxe esperan pechar o novo adestrador nesta semana, tamén o UD Corcubión ainda non pechou o novo adestrador, namentras que por parte do EF As Baleas non tivemos contestación e poñerémos aquí o que nos confirmen cando nos contesten.

Logo está o caso do SD Camelle que como vos apuntábamos nun artigo sobre este caso que podedes ver premendo AQUÍ, por non haber, agora mesmo non hai nen adestrador, nen diretiva, nen xogadores, polo que haberá que ver se se concreta o movemetno que está a haber en busca dunha diretiva.

Así quedan conformados os adestradores da 3ª da Costa 2019/20

CF Porteño : Sergio Varela, (continua)

Outes CF : Miguel “Laracha”, (continua)

FC Camariñas : Berto Suárez, (continua)

CD Nantón : Roi Fachal, (novo)

SD Laxe : José Antelo

CF Castrelo : Sergio “Agranzón”, (novo)

Sporting Seaia CF : Sánchez Da Silva, (continua)

UD Corcubión : Sen adestrador

EF As Baleas : Pendente

UD Monte Louro : Juan Porrúa, (novo)

SD Ameixenda : Julio Vila, (continua)

SD Camelle : (A espera de se desaparece ou non pero “Pupus” non continuaría)

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es