CAMPAÑA DO RC DEPORTIVO 2019/20
Tal e como nos informa o RC Deportivo : “Quen teña honra que me siga” gritou María Pita aos coruñeses en maio de 1589 para liderar a resistencia da cidade ante o asedio e ataque dos ingleses.
Para lembrar a un dos grandes símbolos da cidade, e para homenaxear ao Dépor ABANCA, que soubo levantarse de varios tropezos para acabar ascendendo esta temporada á liga Iberdrola, Miriam Ríos, capitá do equipo branquiazul, convértese en María Pita para liderar o alzamento do Deportivismo nesta nova temporada. “Quen teña honra que me siga”, é a lema de campaña de comunicación do Dépor 2019-2020.
Detrás dela, todos os Deportivistas cun obxectivo común: loitar esta temporada para ter aos seus dous equipos o próximo ano na elite do fútbol español.
non che descarga ben o vídeo telo abaixo na portada da web en “Vídeos Recomendados” coma tódolos vídeos que sube o RC Deportivo.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es