44 PEÑAS PARTICIPARÁN NO “I TORNEO FEPEDEPOR PLAYSTATION FIFA20”. TODA A INFORMACIÓN DO MESMO.

 

A nosa peña estará representada por Roi Búa

Tras pecharse onte o prazo de inscricións no “I Torneo FEPEDEPOR PlayStation FIFA20”, que orgañiza a Federación de Peñas do RC Deportivo, tal e como xa vos anunciábamos, un total de 44 peñas son as que se anotaron para pasar un bo rato competitivo neste confinamento. Antre a máis da cuarentena dos participantes estará “Piratas de Muxía” que estará representada nos mandos da Play por Roi Búa, socio da peña e do Depor dende o seu nacemento. O sorteo de emparellamentos saberémolo duarnte a tarde de hoxe, xoves 23 de Abril. O evento estará coordinado por XPeSports e os encontros poderán ser seguidos por www.Twicht.tv

 

SORTEO

Durante a tarde de hoxe  a partires das 20:45 horas, farase o sorteo de emparellamentos tamén dun xeito virtual ca ferramenta de challonge.com. Se queredes seguir a retransmisión do mesmo , podédelo facer a través de este enlace :  https://www.twitch.tv/fifa20cuarentena

 

BASES DO TORNEO FEPEDEPOR FIFA20

*Tras a recepción das inscripcións, o día de comezo do Torneo será o Sabado 25/4. Os emparellamentos e horarios serán indicados ós participantes a través do email no que remitiron as inscripcións, se non hai problemas de conexións o primeiro partido de cada xornada comezará ás 20h salvo día das Semifinais, (Sábado) que será ás 19h.

*A modalidade de competición se modifica debido á cantidade de participantes. Para ampliar a experiencia dos xogadores e que a súa participación non se vexa reducida a xogar soamente un partido de eliminatoria no caso de perder, as Peñas agruparánse en

4 grupos de 6 e 4 grupos de 5 xogadores. A final xogarase o Domingo día 3 de Maio.

Os emparellamentos cos xogadores do R.C Deportivo serán a modo de exhibición e informarase do horario exacto para a súa celebración nesa fin de semana.

*O límite de idade vese modificado respecto ó indicado nas bases a un mínimo de 13 anos, idade mínima que marca o PlayStation para posuir unha conta persoal.

*Actualízase a modalidade de xogo , será Partido Amistoso Online, polo que se xogaría a Gol de Ouro o desempate en caso de igualdade no marcador ó rematar os 90 minutos reglamentarios.

* En relación á duración dos partidos se contempla que as semifinais e a final duren 20 minutos cada parte.O resto de emparellamentos serán de 6 minutos por parte.

* Non cabe elección de equipo distinto ó R.C.Deportivo da Coruña cun nivel medio de 85 en habilidades.

*O terceiro clasificado terá como recompensa un modelo exclusivo de camiseta e bolsa de man por xentileza de A Costureira. Celebrarase un partido entre os perdedors das semifinais para decidir o teceiro posto.

*A emisión en directo é competencia exclusiva de FIFA20CUARENTENA a través da plataforma de XpeSports en Twicht.tv que dará sporte técnico, retransmisión e de promoción ó Torneo durante toda a semana.

O Torneo está organizado pola Federación de Peñas ca colaboración do R.C Deportivo da Coruña e ten un carácter totalmente lúdico e recreativo, para axudar a pasar dun xeito máis ameno estas semanas de confinamento e cuarentena.

Trátase dunha invitación aberta a tódalas Peñas que forman parte da Federación a participar nesta competición virtual, as cales deberán nombrar un representante único por peña, sen límite de idade.

REGLAS DA COMPETICIÓN

Unha vez finalizada a recepción das inscripcións, farase o sorteo de emparellamentos tamén dun xeito virtual ca ferramenta de challonge.com . Para o correcto desenvolvemento do Torneo fixaránse horarios que se axeiten ós dous contrincantes.

O modelo de xogo do torneo será o de Partido Único Online, cunha duración de 6 minutos por parte. Se terminara en empate, pásaríase a prórroga e penaltis, evitando o gol de ouro.

Os partidos serán eliminatorios e determinarán o avance de cada equipo na competición.

Para evitar a diferencia de nivel entre equipos, tódalas plantillas poñeránse a nivel medio 85. Recoméndase a elección do Deportivo na elección de equipos dada a natureza do torneo.

Permítese realizar cambios tanto na táctica como dos xogadores sempre e cando o partido esté parado (descanso, faltas,etc) para así non entorpecer o ritmo do torneo.

Para que a idea de pasar unhas xornadas amenas e divertidas poida ser disfrutada por tódolos seguidores, os partidos retransmitiránse pola canle oficial da Federación de Peñas que ten na plataforma YouTube. Os xogadores deberán seguir as pautas para a emisión en directo da cada partido nesa canle, para o que se lle ofrecerá a información necesaria.

 

PREMIOS

A Organización do Torneo contempla premios para os dous finalistas:

Gañador: Camiseta do RC.Deportivo da Coruña e exención de pago de cuota da Peña para a próxima tempada.

Segundo clasificado: Exención pago da cuota da súa Peña para a próxima tempada e xogo de camisetas #Aunión e #Aforza

Os dous finalistas xogarán cadanseu partido amistoso con dous xogadores da primeira plantilla do R.C.Deportivo da Coruña.

Animamos a todas as Peñas a participar e disfrutar desta iniciativa, esperamos as vosas solicitudes. Asímesmo, aproveitamos para enviarvos un saúdo e aperta grande para levar o mellor posible e entre todos esta pandemia que nos está a afectar.

Os datos ofrecidos polas peñas so teñen carácter identificativo e se usarán exclusivamente para a correcta celebración do torneo. Tal e como reclama o posuidor da licencia do xogo debemos indicar que “nin Electronic Arts Inc. nin os seus licenciantes están afiliados a este torneo e tampouco o partocinan”.

 

 

 

 

-Texto : piratasdemuxia.es/Federación de Peñas RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.