PREVIA FINAL COPA DA COSTA CADETE : “Este vindeiro Domingo no “O Conco”, (Dumbría), SD Sofán e Outes FC, loita de dous campións polo título de liga”.

Este Domingo 21 de xuño do 2026  a partires das 11:30 horas, o campo “O Conco” de Dumbría albergará a finalísma da Copa da Costa Cadete 2026. Unha finalísima na que se enfrontarán o SD Sofán e o Xallas FC na loita polo cetro de campión.

O camiño ata a final

O SD Sofán comezou a sua andaina na previa na que visitaba no San Paio de Refoxos ao UC Cee con vitoria dos sofanistas por 1-5. Xa en oitavos o Sofán goleaba ao Fisterra, (9-0) e o Outes FC entraba en competición goleando ao EFCC Juan Cabrejo, (7-0).

Xa en cuartos os sofanistas desfacíanse, xogando como locais, do Cabana SD vencendo por 2-0. Pola sua banda o Outes FC facía o mesmo resultado visitando o ED Os Miúdos no Eleuterio Balayo, de Muros, (0-2).

Chegaron as semifinais e os de Sofán non decaían e vencían no O Carral o EFC Carnota, (6-1), namentras que os da Serra tiñan que sufrir no Conchido para desfacerse do Xallas FC no Conchido, (2-1).

En liga estes dous equipos non se enfrontaron antre si xa que os sofanistas estaban no Grupo 1A da 1º Futgal Cadete “A Costa” e os outeses no Grupo 1B. Os de Sofán remataron a liga regular como campións de grupo e os da Serra tamén acabaron como campións do seu grupo polo que se augura un gran encontro. Si se atoparon na fase de ascenso e aí os de Outes foron quen de derrotar aos de Sofán por 1-3 no O Carral.

Traxectoria inmaculada na Liga e na Copa de ambas escadras para chegar ata esta gran final que encherá de afeccionados o Municpal do Conco.

Os seus goleadores 

SD SOFÁN

-Daniel Frade : 7 goles en 4 encontros

-Adrián De Jesús e Matías Margarida :  4 en 4

-Alexandre Verdía, Joel Pérez, Adrián Bermúndez, Manuel Reino, Raúl González e Mateo García  : Todos cos 1 gol en 4 choques.

OUTES FC

-Hugo Antelo : 4 goles en 3 encontros

-Xoel Dosil : 2 en 3

-Ánxo Xosé Buján, Francisco Romero, Antón Villaverde, Antón Pérez e  Andrés Martínez : Fixeron 1 tanto.

-Equipos derradeiro encontro-

SD Sofán : Mauro Carreira, Raúl González, Daniel Frade, Adrián de Jesús, Iván Domínguez, Mateo García, Pablo Abelenda, Brais Rojo, Adrián Reymúndez, Manuel Reino e Matías Margarida.

Tamén participaron: Eloi Lavandeira, Samuel Muñíz, Joel Pérez, Alexandre Verdía e Manuel García.

Adestrador : Samuel Baña.

Outes FC : Aitor González, Javier Anoedo, Juan Carlos Maneiro, Yago Caamaño, Antón Villaverde, Hugo Antelo, Joel Dosil, Andrés Martínez, Francisco Dominguez, Antón Pérez e Xoel Blanco.

Tamén participaron: Francisco Romero, Xoel Martínez, Elián Cambeiro e Diego Insua.

Adestrador : Carlos Romero Martínez.

-A FINAL-

-Día : 21/06/2026

-Hora : 11:10

-Campo : O Conco, (Dumbría)

-Árbitro principal : David Castro Varela

-Árbitros asistentes : Juan Antonio Caamaño e Hugo Bardanca.

“O noso desexo de que se vexa unha gran final, que gañe o mellor e que non se rexistre ningún lesionado”.

Tamén podes ver aqui neste enlace a previa da Final da Copa da Costa Infantil que se xoga este sábado : PREME AQUÍ

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”