DOMINGO IDA DAS SEMIFINAIS DA “LVI COPA DA COSTA”

 

Este Domingo 9 de Xuño comeza a parte forte da “LVI Copa da Costa” ca disputa da ida das semifinais na que dous equipos da 3ª da Costa, (Cabana SD e FC Camariñas) e por outra banda un equipo que baixa da 1ª Galicia G2, (SCDR Esteirana) e un equipo da Liga da Costa, (Corme CF), dirimirán en dous encontros quenes serán os que xogarán a finalísima o día 23 de Xuño, víspera de San Xoan e quen sabe igual o día ainda se fai máis importante se o Depor se está a xogar o ascenso a 1ª División, e tamén hai que decilo, Día de Corpus en moitas localidades costeiras.

Sentoulle ben o novo formato da Copa con eliminatorias a encontro único ata Cuartos, que polo que puidemos comprobar na enquisa que fixemos no seu día debería ser toda a competición a encontro único. Ademáis do ridículo sorteo de Cuartos que ninguén entende, ou non coñecemos a ninguén que lle vexa lóxica.

ENCONTROS

Cabana SD-FC Camariñas

Campo : As Redondas, (Neaño-Cabana de Bergantiños)

Hora : 18:00

Árbitro : Rubén Reborido Rodríguez, (Comité da Coruña)

Asistentes : Juan Marcos Ríos e Carlos Señarís, (ambos do Comité da Costa)

Resultados en liga :

SCDR Esteirana-CD Baio

Campo : Xosé Luis Vara Olveira, (Esteiro-Muros)

Hora : 18:00

Árbitro : Rubén Extremadura Hernández, (Comité de Vigo)

Asistentes : José Alberto Lorenzo, (Comité de Vigo) e David Veloso, (Comité Galego)

“En : “Cadros de torneos” tes tódolos cadros de tódalas Copas da Costa dende Veteranos ata Fútbol 8

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies