ROLDAS DE PRENSA DE ÁLEX BERGANTIÑOS E FERNANDO VIDAL

 

 

ÁLEX BERGANTIÑOS NON SE FÍA DO CÓRDOBA

Xa podes ver máis abaixo nos nosos “Vídeos Recomendados” a rolda de prensa completa de Álex Bergantiños na que di non confiarse para nada da condioción do Córdoba de equipo xa descendido e que non se xoga nada : “Temos obrigación de gañar pero hai que maduralo porque se nos confiamos e pensamos que están descendidos, será o primeiro gol en contra. Van competir aquí e quereranse mostrar. Eu se estivese na súa situación gustaríame xogar un partido así con focos e con algo en xogo”. 

O da Sagrada Familia non está dacordo de que se entrán é de rebote : “A competición pon a cada un no seu sitio tras 42 xornadas aínda que estes partidos finais parece que teñen máis transcendencia. É un pouco inxusto que se diga que podemos entrar de rebote. Se entramos será merecido polo noso traballo, como o resto de equipos”

Vai os “Vídeos Recomendados” máis abaixo e escoita esta interesante rolda de prensa.

 

Foto : El Ideal Gallego

 

FERNANDO VIDAL TIRA CONTRA TINO FERNÁNDEZ

O ex candidato a presidencia do RC Deportivo tirou a dar contra Tino Fernánedez, nunha rolda de prensa, para nós inapropiada neste intre, pola situación que está a vivir o equipo inmerso en meterse no “Play-Off”, que agora mesmo é o que debe interesar, para logo se se entra loitalo e tras esto sería máis oportuno todo o que se queira decir, do clube, da diretiva, sainte, entrante e dos xogadores e técnicos.

Fernando Vidal dixo que : “Tino e o seu consello manipularon o proceso. O señor Fernández dinamitou a paz social do club. Picou a pelota. Hai un antes e un despois desta Xunta. Se un consello dimite non ten sentido que nas semanas previas á asemblea mobilice toda a maquinaria do club, empregados, teléfonos, libro de accionistas, etc. Se dimitiches, apártaste. Participa coas túas, (accións), non uses as dos demais”.

O que fora conselleiro de Tino tamén afirmou que : “Sen o meu apoio nunca fose presidente. Case ninguén o coñecía no mundo empresarial da Coruña. Nunha porcentaxe foi porque eu estaba na candidatura”.

Tamén tirou a dar contra o novo presidente Paco Zas : “É presidente do club con menos de 10.000 accións, cifra ridícula para poder levar ao club con estabilidade. É unha candidatura feble. Sae gañador polas accións propias de Tino Fernández, que é totalmente lícito, pero tivo que utilizar as accións delegadas nel porque pola contra non gañase”.

Tamén dixo de Paco Zas que controlarán o que fan : “O consello ten que ser o que os accionistas queiran. Estaremos atentos e actuaremos con responsabilidade”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es