A afección deportivista en “El Sardinero” o pasado sábado.
Cada encontro que pasa demóstrase que somos dunhas cores, dun escudo, dunha mesma relixión, que non somos resultadistas, deses que só saben estar o lado do seu equipo cando as cousas van ben. Que os hai antre as nosas filas, sen dúbida que sí, pero o verdadeiro deportivismo é o que non mira a clasificación, nen o rival, só mira cando xoga o noso equipo e onde.
Tanto ten que sexa na casa coma fora, nen os asquerosos horarios que nos fan vivir e que impiden a moita xente maior e xente que traballa ir o campo. A semana pasada en Santander fomos máis de 500, e desta volta no “Fernando Torres” de Fuenlabrada, (16:00 Horas-15:00GMT)seremos 400, as 400 entradas que o clube madrileño lle concedeu o RC Deportivo, para seguir animando e sen perder a esperanza de nada, pois xa vimos cousas peores e saimos delas, e non esquecemos nen os malos momentos nen os bos, que uns e outros forman parte da nosa historia.
As entradas son a 25 euros e cada socio pode adquirir un máximo de duas por carnet. A Federaciónd e Peñas Deportivistas coma sempre e polas canles habituais de maneira extraordinaria orgañiza a venda de entradas para os peñistas, así coma o viaxe orgañizado.
-Foto e texto : RC Deportivo-piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.