Antre os participantes da costa estaba Suso da “Torriña” polo Corme CF.
A RFGF que preside Rafael Louzán escoitou este martes aos 40 clubs que solicitaron unha serie de aclaracións sobre a resolución das competicións autonómicas
En data 27 de maio de 2020 o Comité de Competición e Disciplina da Real Federación Galega de Fútbol publicou a resolución referente aos efectos clasificatorios derivados da aplicación dos criterios adoptados pola Comisión Delegada da RFGF, en orden á finalización das competicións oficiais da RFGF como consecuencia da COVID-19, atendendo ás directrices e limitacións establecidas pola Asamblea Xeral da RFGF.
Dando continuidade ao noso afán de transparencia, corroborado nas reunións telemáticas previas que mantivemos con case a totalidade dos clubs do fútbol galego, e co obxectivo de aclarar as posibles dúbidas que puidesen existir en canto á aplicación individualizada de ditos criterios, a RFGF mantivo este martes outro encontro telemático cos clubs que así o solicitaron.
Nesta rolda de aclaracións, na que estiveron presentes o presidente da RFGF, Rafael Louzán, o secretario xeral da Federación, Diego Batall,a e o xuíz do Comité de Competición, Rafael Alonso, participaron un total de 40 clubs. Todos tiveron a oportunidade de cuestionar á Federación acerca dos criterios adoptados para a resolución das competicións autonómicas como consecuencia dá COVID-19.
Os clubs que asistiron a esta reunión telemática mostraron o seu agradecemento á RFGF por este novo exercicio de obxectividade e transparencia, á vez que o propio ente federativo agradécelles a súa comprensión dada esta situación de excepcionalidade.
-Texto : Gabinete de comunicación RFGF
-Foto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR