De esquerda a dereita, Rubén, Martinsiño, Julio Romero e Roi no “Rodeiro”.
Era a noite do sábado de “Entruido” e a Comisión de Festas de Camelle tiña orgañizada unha cea-baile de disfraces a que acudiron os xogadores que formana plantilla do SD Camelle, así coma a xente do pobo e arredores, houboen torno a 150 persoas nesta cita para disfrutar do “Entruido”. Coma en tódalas ceas uns chegan antes de que a carne esté na pota, e outros o xusto, ou cando xa está a refriar.
Catro xogadores do Camelle naturais de Muxía : Marce “Marcotiño”, Martinsiño, Santi “Maka” e Roi, xunto co amigo deles e socio do tamén do equipo camellán, Isma “Pardelo”, foron dos que sairan tarde da casa e que chegarían ca cea comezándose a servir, pero cousas da providencia ou do destiño, cando circulaban preto do cemiterio e o campo do “Rodeiro”, viron a un home que lles facía señas e que vomitaba. Pararon e o ver o estado no que estaba, levárono para o seu coche e tentaron animalo e chamaron a unha ambulancia, cousa que lle salvou a vida pois estaba a sufrir un infarto.
Que menos pensaba Julio Romero, (Camelle-1965), residente na Coruña e que viña de participar coa Asociación “Churrisquiña” de Vimianzo no concurso de disfraces, tanto axudando en todo o que era a preparación dos disfraces, coma a maquillaxe i él mesmo estaba disfrazado no intre do incidente, pois participara na comparsa. Que menos pensaba no que lle esperaba esa noite.
Así nos conta Julio o acontecido :
“Eu tras participar ca comparsa e que quedaban cas votacións aproveitei para ir darlle unha visita a miña nai en Camelle, e xa o sair de Vimianzo sentinme algo mal, pero pensei que igual era polo traqueteo da comparsa e non lle dei moita importancia, abrín a ventanilla do coche para refrescarme e seguín. Pero o chegar a Ponte do Porto xa me comecei a sentir peor, e máis cando collín pola estrada hacia Camelle. Doíame o peito, as monecas, costábame respirar… e continuei non sei como ata chegar ao cemiterio de Camelle, e alí parei. Sin saber moito como, saín do coche tentei parar a un par deles que pasaron pero non pararon. Eu disfrazado e vomitando igual me verían pero sabe Deus que pensarían. A duras penas voltei para o coche, senteime, e pensei : “esto é o fin, acabouse”…Púxenme a rezarlle ao meu pai e a familia que tiña alí o lado no cemiterio, pero de pronto vin polo retrovisor unha luz. Non sei nin como nin de onte saquei as forzas, saín do coche vomitanto fíxelle señas e pararon e sairon varios rapaces, e sei que tentei contarlle como puiden o que me pasaba, deilles o mobil para que chamasen a miña muller que estaba en Vimianzo, pois eu non era capáz de marcar e no primeiro intre cando tratei de falar co 112 saeume o de : “se quere que lle atendamos en galego, pulse…”. Eles chamaron a ambulancia e a miña muller e estiveron conmigo ata que chegou a ambulancia e xa me comezaron a inxectar medicamentos. A partires de aí xa non me acordo de nada ou de ráfagas. Sei que viñeron familiares de Camelle aos que lles avisaron eles tras deixarme na man dos médicos das ambulancias, e que seica me levaron primeiro a Vimianzo e logo xa para Coruña e directamente a quirófano”.
Julio o pasado Domingo no encontro antre o Camelle e o Corme, sabedor de que 4 dos rapaces eran xogadores do Camelle, polo familiar dél, Rubén da Cantora, (que foi presidente i é diretivo do equipo camellán), pasouse polo campo para coñecelos, para, “botarlles cara e amosarlles a miña gratitude, os que me salvaron, porque eles salváronme a vida e estareilles eternamente agradecidos. O outro día no partido non estabn todos pero polo menos xa lle botei cara a algún dos que me salvaron”.
-Os heroes casuais-
De esquerda a dereita : Marce “Marcotiño”, Roi, Santi “Maka”, e Martinsiño, nunha foto do ascenso.
-Foto : Rubén da Cantora
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”