4 DOS NOVOS E 7 FABRILISTAS PARA O “MEMORIAL MONCHO RIBERA” DE HOXE

 

José Antonio Anquela convocou para o “Memorial Moncho Ribera” desta tarde na “Malata”, (Ferrol), a 4 das novas fichaxes, (Jovanovic, Montero, Beto e Salva Ruiz), xa que Mollejo está ca selección, e ademáis tamén chamou a 7 fabrilistas, (Boian, Valín, Mujaid, Gandoy, David Sánchez, Javi Sánchez e Pedro), polo que todo apunta a un adestramento para ver aos novos e seguir “foguenado” aos do filial.

O Memorial Moncho Rivera é un encontro benéfico cuxa recadación nesta edición irá destinada a ASPANEPS (Asociación de Pais e Nenos con Problemas Psicosociais) e ASFEDRO (Asociación Ferrolana de Drogodependencias), dúas organizacións de gran impacto social en Ferrol.

O prezo das entradas é de 5€ para adultos, excepto para a zona de tribuna cuxo importe é de 8€ para non socios, e gratuítas para os nenos menores de 14 anos. As entradas poden adquirirse xa na web: https://entradas.abanca.com/es/event/racing-ferrol-rc-deportivo/ e nos clubs afeccionados da comarca de Ferrol, nas instalacións do Victoria CF e nos despachos de billetes do estadio da Malata en horario ininterrompido até a hora do partido.

Tamén é posible realizar doazóns mediante transferencia bancaria ao número de conta: É53 2080 0064 9830 4001 2243.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es