4 COMPETICIÓNS SENIOR MASCULINO, 1 FEMININA E 6 DE BASE XA TEÑEN DATA DE INICIO PARA A 2022/23.

 

A RFEF deu a data de inicio para 3 das competicións senior masculina, unha senior feminina e para 6 de base.

O día 11 de Setembro dará comezo a 3º RFEF, (antes 3ª División Galega), na que retorna o UD Paiosaco e o Atlético Arteixo, as duas Preferente, e a 1ª Galicia, na que permanecen, CD Baio, CF Mazaricos, SD Soneira e CF Dumbría, e a que chega tras unha brilante campaña o SCDR Esteirana, e a que baixaron o Xallas FC e Laracha FC dende a Preferente. Esto no eido de senior masculino.

Tamén comezan o fin de semana do 11 de Setembro, o curso para a Liga Galega Feminina de 1ª División, na que temos ao Bergantiños FC.

Esa mesma fin de semana do 11 de Setembro, comezan as competicións nas ligas de base de : Nacional Xuvenil, Galega Xuvenil, División de Honra Cadete e Galega Cadete.

A seguinte fin de semana, a do 18 de Setembro, comezan a andar as ligas de División de Honra Infantil e Galega Infantil.

Segundo explican dende a RFGF : “O resto de categorías non comezarán en ningúna caso antes do 11 de Setembro”.

-Foto e Texto : piratasdemuxia