A Esteirana sigue “matando” rivais con goleadas.
A xornada foi a mellor dende que se iniciou a competición con duas vitorias e un empate. Vitorias da Esteirana, que sigue no máis alto, desta volta coliderando a liga, e do Outes, que gañou o seu primeiro encontro da tempada e xa non ten o casilleiro a cero. Pola sua banda o Miúdas sorprendeu a todo un Chispa que ía no trío de cabeza dos equipos que mandan na liga e foi a sacarlle un empate no seu feudo, (2-2).
Os 4 goles de Rut, 8Esteirana), fan que se distancie como máxima realizadora do campionato con 14 en 5 choques, por detrás Aldara do Juventud Cambados con 10 nos mesmos choques e logo a tamén xogadora da Esteirana, Bárbara con 9 en 4 choques.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª GALEGA FEMININA G4
-5ª Xornada-
-10/11/2024-
Catoira SD 0-13 Céltiga FCF
CD Mosteiro 3-1 EFF Sonnoia Portus Apóstoli
Bastavales UD-Juventud Cambados
Milladoiro SD 1-6 Outes FC
CCD Taragoña 6-1 EFMC Boiro B
SCDR Esteirana 7-3 CD Rois
SD Chispa 2-2 ED As Miúdas
-CRÓNICAS-
SCDR Esteirana 7-3 CD Rois
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Importantes baixas no cuadro esteirán, unha delas a da capitana Bárbara por mor dunha viaxe, pero tamén día de novas caras co debut de Inés e a volta ós campos de Martina tras unha longa lesión.
A primeira metade foi de dominio completo por parte das locales, cunha defensa moi segura e sabendo atopar ocos nas rivales a través de Rut que era asistida continuamente polas Leti, Sandra e Lara cada vez que roubaban en campo rival, unha Lara que faría 2 goles tras 2 saques directos de esquina, a pesares de que o árbitro doulle un deles á porteira en prepia meta, polo que se chegaría ó descanso con 4 a cero e con unhas rivales que abusaban do xogo directo con moita imprecisión. Antes do descanso tivo que ser sustituída Maruxa por molestias collendo Naira o mando da portería.
O pouco de empezar a segunda parte un despexe de Marta atópase co plantillazo da dianteira rival e o colexiado decide pitar pena máxima recurtando así o Rois o marcador. Só un minuto despois Sara volvería a ampliar a renda rematando outro córner ben executado por Lara e Rut, que fixo 4 marcaría o máis fermoso do partido poñendo o 6-1 con dedicatoria para a Capi ausente.
Neste momento viñeron os mellores momentos das rivales e un exceso de relaxación das de Esteiro permiteu que “Marru”, a sua xogadora máis destacada creara dudas e recurtara o marcador en duas ocasións, pero voltaría a aparecer Rut para poñer o definitivo 7-3 e disipar calquer duda tendo ainda varias ocasións para aumentar o resultado que as mantén invictas en 5 xornadas e lles permite poler foco xa no derbi en Muros do vindeiro Domingo.
Vitoria con claro sabor Ribeirense dado que os 7 goles os materializaron Rut, Lara e Sara, pero con identidade 100% ROXAZUL polo traballo das 22 que veñen traballando semana a semana para que as baixas non sexan excusa para seguir sendo competitivas.“.
11 inicial: Maruxa, Nerea, Terre, Martina, Sara, Leti, Lara, Sandra, Marta, Alba e Rut. Tamén xogaron : Naira, Inés, Dara, Carla e Lola.
Goles : Primeira metade 4-0 con goles de Rut, (2), Abigal, 8en propia porta), e Lara. Segunda metade . Gol da visitante Erika de penalti, (51´), logo marcaron polas locais : Sara, (2), Rut, acurtou para o Rois, Lougzili con 2 goles, o segundo de penalti e completou o 7-3 Rut no desconto final.
SD Chispa 2-2 ED As Miúdas
Goles : 0-1, Carla, (1´); 1-1, Ximena, (12´); 1-2, María, (44´); 2-2, Míriam, (46´).
Milladoiro SD 1-6 Outes FC
Dani Salgueiros, (Adestrador do Outes FC) : “Empezabamos o partido moi enchufadas e con moitas ganas de demostrar tanto a nos mismas como os demais que podíamos competir mellor do que reflexaban os resultafos ata o de agora, e así foi. Os primeiros minutos foron de tanteo para os dous equipos, pero eramos nos as que tiñamos a posesión e o perigo. No minuto 19 chegaba o primer gol de Carla, tras unha moi boa xogada de combinación.
Estou dounos moitas mais forzas e chegamos o descanso con mais vantaxe no marcador e o partido controlado, cortando o peligro local no medio donde Gema tiña o mando do balón.
A segunda parte tornou a un xogo mais duro, con moitas interrupcions por choques e algunha entrada mais fea que outra, pero adaptamonos ben e si e certo que o milladoiro dispuxo de mais ocasión que na primeria, mantivemos ben o sitio.
Queria facer especial mención o bo traballo do equipo, non só das 16 rapazas do Domingo, senon de toda a plantilla que traballan a diario para mellorar, pero sin deixar de divertirse“.
Goles : Primeira metade 0-5 con goles de Carla, (3) e Gema Roo, (2). Na segunda metade Carla e Gema repetían, (esta última de penalti), e o gol da honra para as santiaguesas viña por medio de Alicia no miuto 78.
-CLASIFICACIÓN-
1º Céltiga FC : 15 puntos
2º SCDR Esteirana : 15 puntos
3º SD Chispa : 13 puntos
4º CCD Taragoña : 10 puntos
5º Juventud Cambados : 7 puntos
6º ED As Miúdas : 7 puntos
7º CD Mosteiro : 6 puntos
8º CD Rois : 6 puntos
9º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 6 puntos
10º Bastavales UD : 6 puntos
11º Outes FC : 3 puntos
12º EFMC Boiro B : 3 puntos
13º Milladorio SD : 3 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos
-PREVIA-
-6ª Xornada-
-17/11/2024-
Céltiga FCF-SD Chispa, ás 16:30 horas
EFF Sonnoia Portus Apóstoli-Catoira SD, ás 12:00 horas
Juventud Cambados-CD Mosteiro, ás 17:00 horas
Outes FC-Bastavales UD, ás 17:00 horas
EFMC Boiro B-Milladoiro SD, ás 12:00 horas
CD Rois-CCD Taragoña, ás 18:20 horas
ED As Miúdas-SCDR Esteirana, ás 12:45 horas
AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”