3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA” : “Trunfo do Outes sobre o Xallas “B”, (2-0), para auparse a cuarta praza da liga”.

Outes FC 2-0 Xallas FC “B”

Único encontro que se xogou da 3ª Galega Feminina “A Costa”. Un choque que fora adiado da 14ª xornada, que se disputou o pasada semana, xa que a 15ª non se xogará ata a vindeira fin de semana. Neste duelo as outesas puideron contar tan só con 13 xogadoras e ainda así leváronse os 3 puntos ante as filiais do Xallas. As da Serra suben a cuarta praza a 2 puntos do Cabana 3º con 29.

Dani Salgueiro, (adestrador do Outes FC feminino) :

“Volta a casa despois de tres partidos fóra e varias semanas de descanso. Chegamos xustas de xogadoras, pero con ganas de resarcirnos.

Tiñamos a idea moi clara do que queriamos facer e dos perigos das rivais. A primeira metade foi de moita pelexa no medio, onde tivemos varias internadas con perigo por parte de Iria e Laura, que a porteira xalleira sacou moi ben. O empate seguía rexendo grazas ao esforzo de Valeria.

Na segunda metade subimos unha marcha o esforzo e xa no primeiro minuto, nunha xogada que arranca cun saque da porteira, gañamos o balón no medio e, con boas combinacións, Laura plántase ante Valeria para marcar o primeiro.

O control pasou aos nosos pés, xerando máis perigo e sen sufrir practicamente. Combinando unha e outra vez ata que, no 85, entre Alicia, Gema, (que volvía dunha lesión longa), e Laura pechaban o marcador…Boas sensacións e a seguir para a semana”.

Goles : 1-0 Laura, (46´); 2-0, Laura, (85´).

Outes FC : Candela, Fátima, Alicia, Erika, Laura, Míriam, Carla, Carmen, Uxía, Natalia e Iria. Tamén xogaron : Antía e Gema.

Xallas FC “B” : Valeria Gasco, Soraya, Patricia, Michelle, Aintzane, Saray, Lucía, Mar, Daniela, Judit e Carmen. Tamén xogaron : Alba, Naiara, Marta, Valeria Caamaño e Noa.

Arbitro : Joel García. Amonestou polo Outes a Carla, (42´); e polo Xallas a Valeria Caamaño, (58´).

Así quedou a 14ª xornada :

UD Corcubión 1-1 EFCC Juan Cabrejo

SD Dubra 2-3 Sporting Zas

Cabana SD 4-1 UD Cerqueda

Ponteceso SD 2-3 ED As Miúdas

Soneira SD 7-0 SD A Baña

Outes FC 2-0 Xallas FC “B”

CLASIFICACIÓN 

Soneira SD : 36
EFCC Juan Cabrejo : 34
Cabana SD : 29
Outes FC : 27
UD Corcubión : 25
Sporting Zas : 21
UD Cerqueda : 19
ED As Miúdas : 15
Ponteceso SD : 14
10º SD Dubra : 12
11º Xallas FC “B” : 5
12º SD A Baña : 1

.

3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”

15ª Xornada

Domingo 08/03/2026

Xallas FC “B” UD Corcubión

EFCC Juan Cabrejo SD Dubra

Sporting Zas – Cabana SD

UD CerquedaD Ponteceso SD

ED As Miúdas  Soneira SDSD 

A Baña  Outes FC

.
-Foto : Dani Salgueiro
-Comentario con nome : os adestradores baixo a sua responsabilidade
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”