3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA” : “O EFCC JUAN CABREJO DERROTA O AS MIÚDAS” E METE PRESIÓN A OUTES E CABANA NA LOITA POLA PRAZA DE ASCENSO DIRETO”.

 

EFCC Juan Cabrejo 1-0 ED As Miúdas

Tal e como xa vos avanzamos na “AXENDA PIRATA”, na tarde do venres había un encontro adiantado a 21ª xornada da 3ª Galega Feminina G3 “A Costa”, e hoxe teremos outro, o que enfronta ao Ponteceso e o Xallas FC “B”. O equipo da escola de fútbol camariñana precisaba gañar para encaramarse provisionalmente a 2ª praza, que da ascenso direto a 2ª Galega, e con moito sufrimento conseguiron a vitoria cun tanto da camellana Paula Mouzo, (14´), nun choque ao que o As Miúdas chegou con moitas baixas e tan só un recambio no banco.

Con este trunfo as rapazas camariñanas suman 46 puntos polos 45 do Outes que cae a terceira praza que da opción a promoción de ascenso e o Cabana con 44 queda fora. Estes tres equipos son os que se xogarán estas duas prazas nas duas xornadas que quedan, contando esta na que as outesas e as cabanesas ainda teñen que xogar. 

Juan Cabrejo, (adestrador do EFCC Juan Cabrejo) : “Vitoria moi axustada nun encontro no que tivemos numerosas ocasións como para que o resultado fose maior, ata chegamos a errar un penalti e eso o que fixo foi que cun resultado tan curto chegue o temor a que en calquer xogada puntual che poidan empatar, pero por sorte o equipo estivo fenomenal, só ca salvedade dos erros en ataque que eran goles claros. Contentos cos 3 puntos e a ver se nestes encontros que quedan falla algún dos que están aí na pelea”.

 

Ponteceso SD  1-1 Xallas FC “B”

Encontro que se xogou na tarde do sábado e no que as rapazas do filial do Xallas sumaban un punto máis neste primeiro ano de aprendizaxe para ir crecento e poder surtir de xogadoras o primeiro equipo que milita na 1ª Galega. Adiantouse o Ponteceso por medio de Helena aos 50 minutos de xogo e por medio dun penalti no 70 era Yaiza a que poñía as táboas no marcador. Duelo tranquilo antre dous equipos que non se xogan nada.

.

3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”

21ª Xornada

Domingo 03/05/2026

EFCC Juan Cabrejo 1-0 ED As Miúdas

Ponteceso SD 2-0 Xallas FC “B”

Sporting Zas – UD Cerqueda, ás 10:30

Cabana SD  Soneira SD, ás 12:00

UD Corcubión  SD A Baña, ás 12:15

SD Dubra – Outes FC, ás 17:30

Clasificación : PREME AQUÍ

.

-Foto : Dulce Corcu

-Texto : Xosé Búa “Pirata”