3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”
22ª Xornada
Domingo 10/05/2026
Soneira SD 11-0 Ponteceso SD
(O resto da xornada tela o final xógase o 17/05)
CRÓNICA
Soneira SD 11-0 Ponteceso SD
Tal e como vos apuntábamos na AXENDA PIRATA esta pasada fin de semana descansaban na 3ª Galega Feminina pero había un encontro, o que se xogaba no Irmandiños de Vimianzo e no que saberíamos se o equipo dirixido por Roland Caamaño e Adrián “Oli2 era quen de completar a liga invicto, sendo o único do fútbol senior da costa en facelo e vaia se o fixo, nada menos que 11 goles os que lle endosaron as vimiancess as pontecesanas, para chegar a cifra de 87 goles na tempada, sendo o equipo máis goleador e acabando con tan só 20 en contra, os mesmos co Cabana que ten un encontro menos. Tamén se levan o título da pichichi da liga, María Villaverde que sumou 47 en 22 choques cunha media de 2,13 por encontro.
Adrián “Oli”, (2º adestrador do Soneira) :
“Encontro correspondente á última xornada que adiantamos á mañá do Domingo, donde recibíamos a un Ponteceso que nos fixo o pasillo de campioas antes de empezar. En canto ao partido, dominado de principio a fin polas nosas sen nada que destacar.
Termina así unha liga para nós donde acabamos invictas, sendo o equipo máis goleador (Con Kenny pichichi da liga) e tamén o menos goleado (empatadas co Cabana que ainda teñen o seu partido pendente).”
Goles : Tamara, (2); Kenny, (4); Laura, Kelly, (2); Cristal, e Noa.
Moito en xogo na derradeira xornada
A liga retomará a actividade o 17 de maio, “Día das Letras Galegas”, para a disputa da derradeira xornada con moito en xogo para unha derradeira cita de máxima emoción, con tres equipos en apenas tres puntos xogándose o ascenso directo que da a segunda praza e o terceiro que da opción a promoción, un deles quedará sen premio.
.
Clasificación
1º Soneira SD : 58
2º Outes FC : 48
3º EFCC Juan Cabrejo : 46
4º Cabana SD : 45
5º UD Corcubión : 37
6º Sporting Zas : 34
7º UD Cerqueda : 30
8º ED As Miúdas : 18
9º SD Dubra : 16
10º Ponteceso SD : 15
11º Xallas FC B : 10
12º SD A Baña : 5
.
3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”
22ª Xornada, (Derradeira)
Domingo 17/05/2026
Soneira SD 11-0 Ponteceso SD
SD A Baña – SD Dubra, ás 17:00
ED As Miúdas – UD Corcubión, ás 12:00
UD Cerqueda – EFCC Juan Cabrejo
Xallas FC “B” – Sporting Zas
Outes FC – Cabana SD, ás 12:00
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto e comentario : Adrián “Oli”
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”