3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”
19ª Xornada
Domingo 19/04/2026
Soneira SD 4-0 SD Dubra
SD A Baña 0-6 EFCC Juan Cabrejo
UD Cerqueda 5-0 Xallas FC “B”
ED As Miúdas 1-3 Sporting Zas
Ponteceso SD 0-3 Cabana SD
Outes FC 4-1 UD Corcubión
.
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalas, (ou fotos ou vídeos), e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.
.
CRÓNICA
A 19ª xornada da 3ª Galega Feminina G3 “A Costa” deixou unha cousa clara: todo segue igual… pero cada vez queda menos. Non houbo empates e os seis encontros resolvéronse con tres vitorias locais e tres visitantes, nunha xornada moi goleadora con ata 27 tantos.
A clasificación non sufriu cambios, xa que os equipos da zona alta cumpriron todos cos seus compromisos e non houbo enfrontamentos directos entre eles. O Soneira, xa campión matemático dende a pasada semana, continúa coa súa marcha triunfal e co obxectivo claro de rematar a liga invicto. Tras recibir nesta xornada a copa de campioas, ás de Vimianzo afrontan agora dous retos esixentes: a visita ao Cabana, (que pelexa por subirse o segundo chanzo que da opción o ascenso direto ou pola promoción, na que está), e o peche no Irmandiños ante o Ponteceso.
Pola súa banda, o Outes mantén con firmeza a segunda praza de ascenso directo, mentres que Cabana e EFCC Juan Cabrejo non ceden e seguen metendo presión. Precisamente, a loita por esas dúas prazas de privilexio promete emoción ata o último suspiro do campionato.
Crónicas dos encontros
Soneira SD 4-0 SD Dubra
Adrián “Oli” (2º adestrador do Soneira):
“Primeiro partido das nosas despois de ganar matematicamente a liga, donde recibiamos ao Dubra, que nos faría o pasillo ao principio do mesmo.
Primeira parte donde se notou a relaxación de ter o obxectivo cumplido, con moi pouco xogo por parte de ambos equipos, pero donde ainda así tivemos varias ocasións para a abrir a lata, como un pau de Kelly ou un man a man de Daniela.
Xa na segunda fixemos varios axustes tácticos e subimos o ritmo, volvendo a nosa forma máis habitual, e non deixando que o equipo rival causase perigo algún á portería defendida por Paula. Hat trick de Kenny e outro de Tamara para cerrar un partido no cal fomos moi superiores.
Ao rematar o encontro recibíamos a copa de campioas, da man da alcaldesa de Vimianzo e do representante da federación.”
Goles: 1-0, Tamara (61´); 2-0, Kenny (67´); 3-0, Kenny (75´); 4-0, Kenny (82´).
SD A Baña 0-6 EFCC Juan Cabrejo
O Juan Cabrejo non falla e segue metido de cheo na loita polo ascenso cunha goleada contundente a domicilio as colistas.
Goles: 0-1, Paula Mouzo (32´); 0-2, Laura (46´); 0-3, Paula Mouzo (54´); 0-4, Laura (60´); 0-5, Maira (81´); 0-6, Paula Mouzo (87´).
UD Cerqueda 5-0 Xallas FC “B”
O Cerqueda asinou un dos resultados máis amplos da xornada cun triunfo claro que lle permite consolidarse na zona media.
Goles: 1-0, Uxía (24´); 2-0, Arancha (43´); 3-0, Antía (68´); 4-0, Uxía (76´); 5-0, Arancha (81´).
ED As Miúdas 1-3 Sporting Zas
Ánxo Garrido (adestrador do Sporting Zas):
“Partido que a priori se esperaba lento polo forte sol que pegaba en Muros, pero que foi todo o contrario, un xogo eléctrico de constantes ataques e contras de cada equipo.
Abría o marcador as locales na primeira xogada de ataque, despois de que o Zas fallara varias ocasións. No tramo final da primeira parte Nerea daballe a volta ao partido tras transformar un penalti que lle facían a Lucía e despois noutra xogada contra a porteira poñía o 1-2 ao descanso.
Na segunda parte mesma dinámica con ocasións claras para ambos equipos, pero que as dianteiras non estaban atinadas na definición final e co resultado curto había moitos nervios, pero Nuria ampliaba a distancia para o Zas que xa collía aire para acabar o partido sen pasar apuros defensivamente.”
Goles: 1-0, Salomé (2´); 1-1, Nerea (30´, p.); 1-2, Nerea (42´); 1-3, Nuria (75´).
Ponteceso SD 0-3 Cabana SD
José Manuel Vázquez (adestrador do Cabana):
“Adiantábase pronto o Cabana por medio de Nerea ao recoller un rexeite ao seu propio tiro tras unha gran parada de María. Seguiu mantendo a iniciativa o Cabana, que volvía marcar por medio de Silvia. As de Ponteceso tentaban chegar á porta visitante pero estaban ben controladas pola defensa cabanesa.
Xa no segundo tempo Laura facía o terceiro e sentenciaba o partido. Ata o final o Cabana achegábase á meta do Ponteceso pero María estaba moi acertada parando os remates, o que fixo que non se movera o marcador. As locais tiveron a súa mellor ocasión nun lanzamento de falta que chapou Míriam.”
Goles: 0-1, Nerea (5´); 0-2, Silvia (13´); 0-3, Laura (55´).
As outesas celebrando a importante vitoria.
Outes FC 4-1 UD Corcubión
Dani Salgueiro (adestrador do Outes):
“Penúltimo partido na casa da liga, contra unhas rivais moi duras que no partido de ida só logramos sacar un punto. Saímos moi enchufadas, con ganas de demostrar quen somos e así foi.
Comezamos atacando moito e ben, combinando entre as tres de arriba facendo que o Corcubión tivese que abrir ocos e non puido saír mellor pois aos 15 minutos Carla xa levaba dous goles e Laura un. Pero non baixamos os brazos. As rivais intentaban crear perigo por medio de Andrea e os seus marabillosos pases filtrados que a nosa defensa en primeira instancia e o medio máis tarde se encargaron de reducir en perigosidade.
Dez minutos máis tarde Carla facía o seu hat-trick para matar o partido co 4-0. Só unha contra que nos pillou Andrea un pouco soa e o seu pase caeu perfecto á dianteira visitante para meter o 4-1.
Todo isto na primeira metade de gran fútbol no Conchido.
A segunda foi outra cousa, moitos paróns no xogo, interrupcións por diversos motivos que cortaban demasiado o ritmo dos dous equipos. Nós rebaixamos a intensidade tamén pensando en que quedan dous partidos de moito desgaste, pero controlando os ataques das de Corcubión que, salvo por un par de tiros a balón parado, non crearon perigo algún.”
Goles: 1-0, Carla (7´); 2-0, Laura (13´); 3-0, Carla (15´); 4-0, Carla (26´); 4-1, Alexandra (37´).
.
O Outes aguanta no ascenso direto.
Clasificación
1º Soneira SD : 54
2º Outes FC : 45
3º Cabana SD : 44
4º EFCC Juan Cabrejo : 43
5º UD Corcubión : 34
6º Sporting Zas : 33
7º UD Cerqueda : 29
8º ED As Miúdas : 18
9º SD Dubra : 16
10º Ponteceso SD : 14
11º Xallas FC B : 9
12º SD A Baña : 5
.
3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”
21ª Xornada
Domingo 03/05/2026
EFCC Juan Cabrejo – ED As Miúdas, 01/05 ás 12:00
Ponteceso SD – Xallas FC “B”, 02/05 ás 18:00
Sporting Zas – UD Cerqueda, ás 10:30
Cabana SD – Soneira SD, ás 12:00
UD Corcubión – SD A Baña, ás 12:15
SD Dubra – Outes FC, ás 17:30
(Os horarios non son firmes)
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Fotos Soneira : Adrián “Oli”
-Fotos Outes : Dani Salgueiro
-Foto Cabana : José Manuel Vázquez
-Fotos Miúdas-Sp Zas : Prensa Sporting Zas
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios con nome : os adestradores



