3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”, (19ª Xda) : “O Soneira campión de liga a falla de 3 xornadas para o remate da mesma”.

3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”

19ª Xornada

Domingo 19/04/2026

Xallas FC “B” 1-3 Cabana SD, (Crónica)

EFCC Juan Cabrejo 0-1 Outes FC

Sporting Zas 5-1 SD A Baña

UD Corcubión 1-4 Soneira SD

SD Dubra 1-0 Ponteceso SD

UD Cerqueda 7-1 ED As Miúdas

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.

.

CRÓNICA XERAL

.O Soneira Feminino novo equipo da 2ª Galega Feminina

Tan como xa vos adiantamos na AXENDA PIRATA  de resultados e clasificacións, a falla de 3 xornadas para o final de liga o Soneira precisaba gañar e que o Escola de Fútbol Juan Cabrejo non gañara para así adiantar o “alirón”, e así foi. As rapazas Irmandiñas son campionas de liga e para a vindeira tempada xogarán na 2ª Galega G1, no seu segundo ano de vida.

A nosa máis cordial noraboa a tódalas/os que forman o Soneira SD feminino.

A 19ª xornada da 3ª Galega Feminina “A Costa” xa deixa campión: o Soneira SD asegurou o título de liga tras a súa vitoria en Corcubión (1-4) e a combinación de resultados, proclamándose matematicamente campión a falta de tres xornadas.

O conxunto vimiancés culmina así unha tempada de dominio cáseque absoluto, liderando con autoridade e sen dar opción aos seus perseguidores e sendo o único equipo invicto de todo o fútbol senior da costa.

Por detrás, a emoción céntrase agora na loita pola segunda praza (de ascenso directo) e a terceira, que dá acceso á promoción, cunha pelexa moi aberta entre varios equipos.


CRÓNICAS

  • Xallas FC “B” 1-3 Cabana SD
    O Cabana mantense na pelexa polo ascenso cun triunfo sólido a domicilio, resolvendo o encontro con eficacia ofensiva. A crónica xa vola servimos o sábado tralo encontro.

  • EFCC Juan Cabrejo 0-1 Outes FC
    Vitoria de moito valor para o Outes, que suma tres puntos clave nun duelo directo e segue firme na segunda posición.
  • Dani Salgueiro, (adestrador do Outes FC) :
  • “Partido duro o que esperabamos en Camariñas e non decepcionou. Visitábamos a casa das segundas clasificadas e tiñamos claro que tocaba sufrir, elas son un equipo moi ben posto no campo, que pelean moito cada balón e se deixabamos a Yara, Paula e compañía tocar e moverse teríamos moitos problemas.
  • Pero salimos moi intensas tamén e a primeira metade non houbo demasiadas ocasións para ningun dos dous. Moito intercambio no medio campo. Ata que no minuto 30 unha xogada a balón parado danos o primeiro do partido, o final o único do partido con gol de Lauriña que fixo un partidazo.
    Na segunda metade intentamos non conceder ocasións pero as locais apretaban e moito, tiveron varias para empatar pero estabamos seguras en defensa.
  • Un barullo na área remata con penalti en contra, pero Candela acerta o tiro de Yara e bloca o balón para redondear unha actuación de 10.
  • Quedaban 10 minutos e nese tempo puidemos ampliar marcador con un man a man de Erika e unha falta de Laura pero o final 0-1, tres puntos valiosisimos que temos que facer mellores para a semana na casa”.

  • Sporting Zas 5-1 SD A Baña
    O Zas impúxose con claridade nun partido sen historia, demostrando o seu potencial ofensivo.
  • Ánxo Garrido, (adestrador do Sporting Zas) :
  • “Partido dominado de principio a fin polo Zas. Coas ausencias defensivas da xornada pasada, practicamente xa se deron por finalizadas as probas da tempada. O equipo tivo que volver readaptarse, pero desta vez dunha forma máis ofensiva, que saíu ben. Xeramos moitas accións ofensivas da forma que queriamos durante os 90 minutos, pero seguimos con falta de puntería; a pesar do resultado, a mellor do partido foi a porteira visitante.

    Nunha primeira parte na que abría o marcador Nerea nunha xogada de córner, un dos poucos fallos defensivos do partido custounos o gol do empate, que xa nos poñía tensas ao ver que fallabamos arriba e encaixabamos con facilidade. Pero Nuria, nunha das súas xogadas marca da casa, poñíanos de novo por diante e dábannos aire, que culminaría Nerea co 3-1 antes do descanso.

    Na segunda parte esperabamos unha saída forte das rivais, pero na primeira xogada de ataque local Nerea facía o seu particular hat-trick e daba tranquilidade ao equipo, que non recibía perigo salvo algún disparo lonxano e no balón parado. Toda a segunda metade foi unha exhibición de paradas da porteira rival ata o tramo final, onde chegaría o 5-1 despois de varios rexeites da porteira e tras un intento de despexe defensivo que acabaría en propia porta.

    Unha gran reacción colectiva do equipo despois do descalabro da semana pasada en Outes.”

  • UD Corcubión 1-4 Soneira SD
    Triunfo contundente do Soneira para certificar o campionato. Superioridade clara do líder, que non fallou no momento decisivo.
  • Adrián “Oli”, (2º adestrador do Soneira) :
  • “Mañá de sol no Novo Cubaleiro e cunha grada chea de afeccionados, na súa maioría de Vimianzo, que esperaban unha vitoria das nosas e un tropezo das segundas clasificadas para consumar un título ligueiro no noso segundo ano de vida.

    Comezabamos o partido intensas e concentradas, recuperando e gañando balóns na metade do campo e facendo dano con transicións rápidas. As rivais tentaban crear perigo con balóns longos á súa dianteira, pero a nosa defensa mostraríase firme. Tivemos varias ocasións para marcar o primeiro, pero serían elas quen o fixesen nun erro noso na saída de balón, marcando cun golpeo dende fóra da área. Lonxe de virnos abaixo, o equipo sacou garra e coraxe: tivo Tamara unha falta directa que foi ao longueiro e, xa nos últimos minutos, chegou o empate de Kenny nun man a man e o 1-2 de Kelly cun tiro lonxano.

    Ao volver de vestiarios seguimos co mesmo ritmo da primeira parte, dominando de forma clara e creando ocasións para aumentar o marcador. Pecharía o 1-4 definitivo Kenny con dous goles máis.

    Coa vitoria do Outes en Camariñas e a nosa en Corcubión consumábase o título, faltando 3 xornadas para rematar a competición. Premio a un traballo espectacular de toda a plantilla durante a liga, que se celebrou ao longo de todo o domingo en Vimianzo.”

  • SD Dubra 1-0 Ponteceso SD
    Partido moi igualado que se resolveu pola mínima, permitindo ao Dubra sumar tres puntos importantes.
  • UD Cerqueda 7-1 ED As Miúdas
    Goleada do Cerqueda, que mostrou a súa mellor versión ofensiva nun encontro dominado de principio a fin.

.

O Soneira no balcón do concello.

Clasificación 

1º Soneira SD : 51
Outes CF : 42
Cabana SD : 41
EFCC Juan Cabrejo : 40
5º UD Corcubión : 34
6º Sporting Zas : 30
7º UD Cerqueda : 26
8º ED As Miúdas : 18
9º SD Dubra : 16
10º Ponteceso SD : 14
11º Xallas FC B : 9
12º SD A Baña : 5

.

3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”

19ª Xornada

Domingo 19/04/2026

Soneira SD  SD Dubra

SD A Baña  EFCC Juan Cabrejo

UD Cerqueda – Xallas FC “B”

ED As Miúdas  Sporting Zas 

Ponteceso SD  Cabana SD

Outes FC – UD Corcubión

Clasificación : PREME AQUÍ