3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”, (18ª Xda) : “O Soneira golpea a liga da un gran paso ó título e incendia a loita polo ascenso”.

3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”

18ª Xornada

Domingo 29/03/2026

Soneira SD 5-0 EFCC Juan Cabrejo

ED As Miúdas 1-2 Xallas FC “B”

Ponteceso SD 1-3 UD Corcubión

SD A Baña 0-0 UD Cerqueda

Cabana SD 3-1 SD Dubra

Outes FC 8-2 Sporting Zas

.

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade, non poñemos os de uns si e outros non, a quen non che interese metelos é totalmente respetable.

CRÓNICA XERAL

.

A 18ª xornada da 3ª Galega Feminina G3 “A Costa” deixou un movemento importante na zona alta e, sobre todo, un golpe de autoridade do líder. O Soneira SD deu un paso que aparenta ser definitivo cara ao título tras golear ao seu inmediato perseguidor, o EFCC Juan Cabrejo, ampliando a vantaxe ata os 8 puntos a falta de só catro xornadas. Un triunfo que pode marcar un antes e un despois na loita polo campionato.

Por detrás, a pelexa pola segunda praza, (que dá ascenso directo), aprétase aínda máis. O tropezo do Juan Cabrejo foi aproveitado por Outes FC e Cabana SD, que non fallaron nos seus compromisos e colócanse a só un punto e dous, respectivamente, do segundo posto. Tamén se suma á loita o UD Corcubión, que continúa a súa boa dinámica e xa está a seis puntos desa posición privilexiada.

Na zona media, poucos cambios, mentres que na parte baixa o Xallas FC B colle aire coa súa segunda vitoria do curso. Sen descensos en xogo, o foco céntrase totalmente na emoción pola zona de ascenso, co terceiro posto tamén en disputa para a promoción, e os de abaixo non ser as “pechacancelas”.

.

CRÓNICAS

O Soneira celebra a gran vitoria.

Soneira SD 5-0 EFCC Juan Cabrejo

Goles: 1-0, Kenny (21´); 2-0, Kelly (54´); 3-0, Kenny (60´); 4-0, Kelly (65´); 5-0, Kenny (82´).

Exhibición do líder no gran partido da xornada. O Soneira foi de menos a máis nun Irmandiño ateigado, resistindo no inicio e golpeando con contundencia na segunda metade para deixar practicamente sentenciada a liga.

Adrián “Oli”, (adestrador do Soneira):
“Partidazo da xornada o vivido na mañá do domingo entre os dous primeiros clasificados da liga, cun Irmandiño cheo ata a bandeira.
Comezabamos o partido dubitativas, o que provocou que elas tiveran varias ocasións con balóns ás espaldas da defensa. A partir de aí empezamos a xerar e a dominar os tempos, cun xogo máis directo ao habitual, pero que nos deu resultado co primeiro gol de Kenny no minuto 20, cun tiro dende dentro da área. Fomos superiores o resto da primeira parte, pero sen chegar a materializar.
Xa na segunda parte saíamos máis decididas a matar o partido, e así foi, realizando o noso xogo, combinando máis fácil e tendo ocasións máis claras. Kenny e Kelly marcarían 2 cada unha nesta segunda metade, para cerrar unha goleada que nos deixa a un paso do título e ascenso.
Orgullosos das xogadoras, que realizaron un partidazo e souberon adaptarse en todo momento ao que pedía o encontro.”


ED As Miúdas 1-2 Xallas FC “B”

Goles: 0-1, Aintzane (8´); 0-2, Yaiza (40´); 1-2, Salomé (58´).

Segunda vitoria da tempada para o filial xalleiro, que soubo aproveitar as súas ocasións ante un Miúdas mermado, que afrontou o encontro con só dous cambios.


Ponteceso SD 1-3 UD Corcubión

Goles: 0-1, Andrea (15´); 0-2, Sandra (18´); 1-2, Lorena (35´); 1-3, Andrea (90´).

O Corcubión resolveu con eficacia un partido no que chegou moi xusto de efectivos, con só 12 xogadoras. Dous goles temperáns marcaron o rumbo dun choque que as locais intentaron reabrir antes do descanso, pero que quedou sentenciado no tramo final.


SD A Baña 0-0 UD Cerqueda

Empate sen goles nun duelo que deu unha pequena sorpresa. Terceiro empate do curso para as bañesas, mentres que o Cerqueda continúa nunha pequena mala xeira tras sumar só un punto nas últimas tres xornadas.


Cabana SD 3-1 SD Dubra

Goles: 0-1, Daniela (10´); 1-1, Aroa (38´); 2-1, Myrella (42´); 3-1, Laura (73´).

O Cabana remontou un inicio adverso ante un Dubra que chegou con só once xogadoras. As locais foron superiores e acabaron sumando tres puntos que as meten de cheo na loita polo ascenso.

José Manuel Vázquez, (adestrador do Cabana):
“Saiu moi metido no partido o Cabana, que cercaba a meta do Dubra, pero nun balón en profundidade Miriam blocaba, resbaloulle o balón e quedou aos pés de Daniela, que poñía ás visitantes por diante.

Seguirán as locais tentando cercar a portería do Dubra e en dous córners primeiro Aroa e despois Mireia poñían por diante ás cabanesas, que mandaban un balón ao poste preto do descanso.
Tralo entretempo o partido seguiu polos mesmos derroteiros e Laura, tras un pase interior de Irene, poñía o terceiro para as cabanesas, que se volveron a topar cos postes aínda outras dúas veces.

Os tres puntos quedaron en Cabana e aprétase a loita polo segundo posto.”


O Outes mandou ánimos a compañeira Nati.

Outes FC 8-2 Sporting Zas

Goles: 1-0, Carla (19´); 2-0, Laura (22´); 2-1, Carlota (39´); 3-1, Carla (43´); 3-2, Nerea (44´); 4-2, Laura (55´); 5-2, Marta (60´); 6-2, Marta (79´); 7-2, Laura (84´); 8-2, Marta (85´).

Festival ofensivo do Outes nun partido moi especial, no que dedicaron a vitoria á súa compañeira lesionada. Tras unha primeira metade máis igualada, as locais romperon o encontro nunha segunda parte de claro dominio.

Dani Salgueiro, (adestrador do Outes):
“Partido moi moi importante, tanto polo futbolístico como polo persoal, pois esta semana chegaban os resultados da lesión de Natividad, que foi máis grave do pensado. E queríamos dedicarlle un bo partido e unha vitoria.

Dous partidos moi diferentes, unha primeira metade de moita loita, intensidade e balóns divididos que se rompía no minuto 20 cando Laura logra encontrar no espazo a Carla e esta abre o marcador cun bo tiro cruzado.

Aos poucos minutos é Laura quen mete o segundo cun tiro lonxano. O partido seguía con moito físico, con chegadas pero sen ocasións claras. No 43 Carla faise a xogada soa para poñer o 3-1 cun golazo.
E xa no engadido da primeira parte un gol un pouco dubidoso aperta o marcador.

Pero agora empezaba o segundo partido, a entrada de Marta no campo deunos outro tipo de loita arriba e o medio campo fixémolo noso e controlamos o partido por completo, como reflectiu o marcador final, onde de diversas maneiras Laura e Marta conseguiron os seus hat-trick persoais.

É certo que o Zas seguiu intentando chegadas por banda pero as nosas defensas non deixaron pasar unha. Partido moi completo que nos dá moito aire.”

.

Sporting Zas

Clasificación 

1º Soneira SD : 48
2º EFCC Juan Cabrejo : 40
3º Outes CF : 39
4º Cabana SD : 38
5º UD Corcubión : 34
6º Sporting Zas : 27
7º UD Cerqueda : 23
8º ED As Miúdas : 18
9º Ponteceso SD : 14
10º SD Dubra : 13
11º Xallas FC B : 9
12º SD A Baña : 4

.

3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”

19ª Xornada

Domingo 19/04/2026

Xallas FC “B”  Cabana SD, 18/04 ás 16:30

EFCC Juan Cabrejo  Outes FC, ás 12:00

Sporting Zas – SD A Baña, ás 12:00

UD Corcubión  Soneira SD, ás 12:30

SD Dubra  Ponteceso SD, ás 17:00

UD Cerqueda – ED As Miúdas, ás 19:00

(Os horarios non son firmes)

Clasificación : PREME AQUÍ

.

-Foto Outes : Dani Salgueiro

-Foto Soneira : Adrián “Oli”

-Foto Soneira-Juan Cabrejo : Dulce “Corcu”

-Foto Sporting Zas : Prensa do clube

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentario : persoais dos adestradores