3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”
14ª Xornada
Domingo 22/02/2026
UD Corcubión 1-1 EFCC Juan Cabrejo
SD Dubra 2-3 Sporting Zas
Cabana SD 4-1 UD Cerqueda
Ponteceso SD 2-3 ED As Miúdas
Soneira SD 7-0 SD A Baña
Outes FC – Xallas FC “B”, 28/00 ás 12:00
CRÓNICA XERAL
Xornada intensa na 3ª Galega Feminina G3 “A Costa”, con movementos relevantes na parte alta da clasificación, vitorias de peso, empates que apertan a loita e unha goleada que reafirma liderados.
O Soneira SD segue intratable e consolida o liderado tras unha nova goleada, mantendo o seu rexistro de invictas e ampliando a vantaxe. O EFCC Juan Cabrejo rescata un punto en Corcubión que fai que perda o rango de colider. O Cabana SD continúa a súa progresión e afianza a terceira praza cun triunfo sólido ante o Cerqueda.
Na zona media, o Sporting Zas dá un paso adiante cunha vitoria de mérito en Dubra, mentres que ED As Miúdas logra un triunfo clave no Pinguel ante o Ponteceso que lle permite gañar posicións. Pola parte baixa, SD A Baña segue con un só punto como colista.
Parón da liga a vindeira fin de semana
A vindeira fin de semana non haberá liga, pero sí que haberá un encontro, o que se adiou nesta xornada, o encontro entre Outes FC e Xallas FC “B” que está esti`pulado para o vindeiro sábado 28 de febreiro a partires das 12:00 horas no Muniicpal de O Conchido.
CRÓNICAS INDIVIDUAIS
UD Corcubión 1-1 EFCC Juan Cabrejo
Partido moi igualado no que o conxunto visitante se adiantou moi cedo, pero no que o Corcubión soubo reaccionar e competir de ti a ti ante un dos equipos máis fortes da categoría.
Goles:
0-1. Yara, (2´).
1-1. Alexandra, (16´).
Sufrida vitoria das zacenses.
SD Dubra 2-3 Sporting Zas
Triunfo moi traballado do Sporting Zas nun encontro con alternativas constantes. O Dubra golpeou primeiro, pero as visitantes souberon refacerse e acabar levando os tres puntos cun gol nos minutos finais.
Ánxo Garrido, (adestrador do Sporting Zas) :
“Partido no que non chegamos a sentirnos cómodas en ningún momento, con moitas imprecisións e fallos propios que nos condenaban defensivamente a sufrir sen un gran esforzo do equipo local. Así farían o 1-0, nun erro de despexe entre defensa e porteira, para marcar a pracer.
Si que fomos capaces de xerar ocasións de ataque debido a que o campo é moi reducido e, nunha desas, Nerea empataría de vaselina para ir ao descanso.
Na segunda parte mantívose a mesma dinámica dun xogo bastante pobre, pero nun centro-chut de Nerea que se colaba pola escuadra poñeriamos o 1-2. No tramo final volvería empatar o Dubra noutra xogada desafortunada, desta volta ao defender unha falta. Xa cando o empate parecía o máis xusto, por fin atopamos un espazo para correr en dirección á portería e aí Nuria definiu ben para facer o 2-3 final.
O positivo, o resultado a favor despois de catro xornadas sen gañar, e a entrega do equipo no campo, incluso cando non saen as cousas.”
Goles:
1-0. Daniela, (19´).
1-1. Nerea, (27´).
1-2. Nerea, (60´).
2-2. Daniela, (66´).
2-3. Nuria, (88´).
Un dos goles das zacenses :
Cabana SD 4-1 UD Cerqueda
José Manuel Vázquez (adestrador do Cabana SD):
“Pronto se adiantou o Cabana cun tiro cruzado de Laura. O Cabana rondaba máis a portería do Cerqueda, pero este contraatacaba e achegábase con perigo. Inma facía o 2-0 e aumentaba a distancia, aínda que o Cerqueda reaccionou e estrelou un balón no longueiro.
Ao pouco de comezar o segundo tempo, o Cerqueda acurtaba distancias nunha xogada a balón parado, xerando certa inquedanza nas filas locais, pero Nerea, de falta, volvía aumentar a renda e dar tranquilidade. Aroa, á saída dun córner, poñía o 4-1, aínda que o Cerqueda seguiu porfiando e fixo intervir a Miriam, que rexeitou un tiro e o posterior rebote marchou ao poste. Xa preto do final, o Cabana quedou con dez por unha expulsión por dobre amarela, pero as locais defenderon ben as acometidas finais.”
Goles:
1-0. Laura, (19´).
2-0. Inmaculada, (31´).
2-1. Saray, (57´).
3-1. Nerea, (63´).
4-1. Aroa, (75´).
Ponteceso SD 2-3 ED As Miúdas
O equipo muradán presentouse no Pinguel con só 12 xogadoras e conseguiu unha vitoria de enorme mérito nun encontro cheo de emoción ata o final.
Goles:
0-1. María González, (30´).
1-1. Claudia, (31´).
2-1. Claudia, (45+1´).
2-2. Sofía, (82´).
2-3. María González, (87´).
As soneiristas celebrando o liderato en solitario.
Soneira SD 7-0 SD A Baña
Adrián “Oli” (adestrador do Soneira SD):
“Horario de tarde para as nosas nesta xornada, na que antes do encontro se homenaxeou á nosa xogadora cadete Gema Mouzo, campioa de Galicia a pasada semana coa selección costeira.
En canto ao encontro, custounos uns 15 minutos entrar no partido, pero a partir de aí foi superioridade total, chegando cun 5-0 ao descanso con goles de Kelly (2), Kenny (2) e Daniela.
Á volta dos vestiarios, máis do mesmo, aínda que elas fallaron un penalti que marchou por riba do longueiro. Daniela e María pecharían o 7-0 definitivo.”
Goles:
1-0. Kenny, (14´).
2-0. Kelly, (21´).
3-0. Kelly, (31´).
4-0. Daniela, (37´).
5-0. Kenny, (41´).
6-0. Daniela, (50´).
7-0. María Lema, (80´).
Outes FC – Xallas FC “B”
Encontro aprazado, previsto para o 28/02, en principio está designado para ás 12:00 horas.
CLASIFICACIÓN
1º Soneira SD : 36
2º EFCC Juan Cabrejo : 34
3º Cabana SD : 29
4º UD Corcubión : 25
5º Outes FC : 24
6º Sporting Zas : 21
7º UD Cerqueda : 19
8º ED As Miúdas : 15
9º Ponteceso SD : 14
10º SD Dubra : 12
11º Xallas FC “B” : 5
12º SD A Baña : 1
.
3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”
15ª Xornada
Domingo 08/03/2026
Xallas FC “B” – UD Corcubión
EFCC Juan Cabrejo – SD Dubra
Sporting Zas – Cabana SD
UD CerquedaD – Ponteceso SD
ED As Miúdas – Soneira SDSD
A Baña – Outes FC



