3ª GALEGA FEMININA G2 “A COSTA”
-Xornada 4-
Sábado 31/10/2026
ED As Miúdas 2-7 SD Fisterra
Goleada das fisterranas as colistas nun choque que tivo moita emoción na primeira metade na que no primeiro minuto de xogo adiantábanse as muradanas por medio de Salomé e remontaba coma un lóstrego o equipo fisterrán poñéndose 1-3 en 9 minutos con goles de Andrea, Nirmine e Sandra. Acurtou no ecuador do encontro o equipo de Muros por medio de Carla, pero un minuto despois Xaira poñía no marcador o 2-4 co que se ía o descanso dunha primeira metade moi entretida para as afeccións. Na segunda as fisterranas fixeron o de apretar e coser, e así chegarían os 3 goles para o 2-7 final. As autoras, Lucía Barreiro, Sandra e Helena. Con este trunfo o Fisterra colle o liderato a espera do que fagan hoxe o resto de equipos nun comezo de liga con moitos equipos en poucos puntos.
Goles : 1-0, Salomé, (1´); 1-1, Andrea, (3´); 1-2, Nirmine, (5´); 1-3, Sandra, (10´); 2-3, Carla, (25´); 2-4, Xaira, (26´); 2-5, Lucía, (49´); 2-6, Sandra, (52´); 2-7, Helena, (62´).
(Foto de portada de arquivo o Fisterra en Muxía)
–
-RESTO DA XORNADA-
Domingo 01/11/2026
Cabana SD – SD A Baña, ás 18:00
EFCC Juan Cabrejo – UD Cerqueda, ás 10:30
SD Dubra – Sporting Zas, ás 16:30
Bastavales UD – SD Negreira, ás 18:45
SDC Órdenes – Ponteceso SD, ás 18:30
SCDR Esteirana – Xallas FC “B”, ás 17:30
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–
