3ª GALEGA FEMININA G2 “A COSTA”, (1ª Xda) : “Comezo da liga que faltaba con 4 vitorias visitantes e 3 locais”.

3ª GALEGA FEMININA G2 “A COSTA”

-Xornada 1-

Domingo 04/10/2026

SD Negreira 6-1 ED As Miúdas

  Ponteceso SD 0-1 EFCC “Juan Cabrejo”

Sporting Zas 1-2 Cabana SD

UD Cerqueda 3-1 SD Fisterra 

Xallas FC “B” 1-0 SD Dubra

SD A Baña 1-4 SDC Órdenes

SCDR Esteirana 1-4 Bastavales UD

–

CRÓNICAS

A 3ª División Galega Feminina G2 «A Costa» xa está en marcha. Era a liga que faltaba por botar a andar no fútbol sénior, non só no feminino, senón tamén no conxunto do fútbol da Costa ou con presenza de equipos da Costa de ambos sexos. E fíxoo cunha primeira xornada con goles, algunha sorpresa e varios dos favoritos comezando con bo pé.

O SD Negreira iniciou a competición cunha goleada ante As Miúdas, nun encontro que xa marchaba 3-0 ao descanso. Erika, por partida dobre, e Elena puxeron terra de por medio antes do intermedio. Na segunda metade o conxunto nicrariense ampliou a vantaxe ata o 5-0, María González fixo o tanto da honra das visitantes no minuto 82, e Alejandra completaba o “set” 7 minutos depois para o definitivo 6-1.

No campo do Ponteceso, o EFCC Juan Cabrejo levou os tres puntos nun partido decidido por un único tanto. Laura Pose marcou no minuto 56 o 0-1 definitivo para un conxunto de Camariñas que parte entre os candidatos a estar na zona alta.

O Cabana SD, (na foto de portada), que o ano pasado se quedaba as portas do ascenso, tamén comezou con vitoria, esta vez no campo do Sporting Zas. Alejandra Toja adiantou as cabanesas aos cinco minutos, pero Valeria igualou para as locais no 57′. Cando o partido parecía encamiñado ao empate, Silvia Barcia marcou no 81′ o 1-2 definitivo.

No duelo entre dous equipos chamados a ter protagonismo, o UD Cerqueda impúxose por 3-1 ao SD Fisterra. Sandra López adiantou as fisterrás no minuto 8, pero a reacción do Cerqueda foi inmediata: Claudia Otero empatou no 13′ e Paula Veiga deu a volta ao marcador con dous goles, o segundo deles xa no minuto 45.

O Xallas FC «B» fíxose cos tres puntos ante o SD Dubra grazas a un solitario gol de Valeria no minuto 35. Resultado curto, pero suficiente para que o filial xalleiro comece a competición sumando de tres.

No outro encontro, o SDC Órdenes venceu con autoridade no campo do SD A Baña por 1-4, mentres que o Bastavales UD tamén conseguiu unha importante vitoria por 1-4 no campo da SCDR Esteirana.


-Os equipos da Costa-

SD Negreira 6-1 ED As Miúdas

O Negreira non puido comezar con mellor pé e ofreceu unha auténtica exhibición goleadora ante As Miúdas. Ao descanso xa dominaba por 3-0, con dous goles de Erika e outro de Elena. Na segunda metade chegaron outros dous tantos de Erika, que completou unha gran actuación, antes de que María González reducise distancias no 82′ para As Miúdas. Alejandra encargouse de pechar o marcador cun 6-1 contundente, resultado máis propio do tenis.

Ponteceso SD 0-1 EFCC «Juan Cabrejo»

Derrota pola mínima do Ponteceso ante un EFCC Juan Cabrejo que confirma desde o primeiro día a súa condición de candidato a todo cunha vitoria a domicilio moi traballada e sufrida. O único gol do encontro chegou no minuto 56, obra da camellana Laura Pose.

O conxunto de Camariñas suma así tres puntos nun dos sempre complicados derbis e comeza a competición mandando unha primeira mensaxe aos seus rivais.

Sporting Zas 1-2 Cabana SD

O Cabana levou unha traballada vitoria de Zas.

Segundo explicou o seu adestrador, José Manuel Vázquez, as cabanesas adiantáronse moi cedo, no minuto 5, por medio de Alejandra Toja á saída dun córner. O Cabana controlaba o partido e dispuxo de varias chegadas, incluído un lanzamento de falta de Irene que se estrelou no longueiro.

O Sporting Zas foi reaccionando e, apoiado no xogo polas dúas bandas, comezou a crear ocasións, pero Aroa mostrouse segura baixo paus e desbaratou as oportunidades locais.

Na segunda parte, Valeria igualou no minuto 57 e o Zas pasou a dominar e a rondar a portería cabanesa. As locais non conseguiron concretar e o Cabana volveu reaccionar. No minuto 81, Silvia puxo o 1-2.

Ata o final o Sporting Zas buscou o empate, pero as cabanesas souberon defender a vantaxe e aseguraron os tres puntos.

UD Cerqueda 3-1 SD Fisterra

O Fisterra adiantouse moi cedo, no minuto 8, cun gol de Sandra López. Pero a alegría durou pouco, xa que Claudia Otero empatou no 13′.

O Cerqueda aproveitou o impulso para poñerse por diante no minuto 23, novamente por medio de Paula Veiga. A mesma xogadora fixo o 3-1 no minuto 45, deixando o partido moi encamiñado xa antes do descanso.

Xallas FC «B» 1-0 SD Dubra

O filial do Xallas comezou con tres puntos grazas a un gol de Valeria no minuto 35. O 1-0 mantívose ata o final e permite ás xalleiras situarse desde o primeiro día na zona alta.

SCDR Esteirana 1-4 Bastavales UD

A Esteirana non puido estrear a competición con puntos fronte ao Bastavales. As visitantes comezaron moi fortes e aos catro minutos xa mandaban por 0-1, gol de Ángela Catuxa.

Carmen Trigo ampliou a vantaxe no 15′, pero Alicia recortou distancias no 49′. A reacción local, con todo, durou pouco: Clara marcou o 1-3 no minuto 52 e Carmen Trigo completou o seu dobrete no 60′ para establecer o definitivo 1-4.


Clasificación

1º SD Negreira : 3
2º Bastavales UD : 3
3º SDC Órdenes : 3
4º UD Cerqueda : 3
5º Cabana SD : 3
6º EFCC «Juan Cabrejo» : 3
7º Xallas FC «B» : 3
8º Sporting Zas : 0
9º Ponteceso SD : 0
10º SD Dubra : 0
11º SD Fisterra : 0
12º SCDR Esteirana : 0
13º SD A Baña : 0
14º ED As Miúdas : 0


-Previa da 2ª xornada-

A segunda xornada chegará o vindeiro sábado 10 e domingo 11 de outubro, con varios duelos directos entre equipos da Costa. Os horarios que poñemos son os que a día de hoxe ten a RFGF na sua web e que poden trocar, nese caso xa os poñeremos en firme na “AXENDA PIRATA”.

Sábado 10

17:00 – SD Fisterra – SD A Baña

O Fisterra buscará reaccionar tras a derrota de Cerqueda e estrear o seu casilleiro de puntos ante un A Baña que tamén perdeu na primeira xornada.

Domingo 11

11:00 – SD Dubra – Ponteceso SD

O Ponteceso visita o campo do Dubra coa intención de sumar os primeiros puntos da tempada.

12:00 – EFCC «Juan Cabrejo» – SD Negreira

Un dos grandes partidos da xornada. Juan Cabrejo e Negreira chegan tras gañar na estrea e enfrontaranse por manter o pleno de puntos.

12:00 – Xallas FC «B» – SDC Órdenes

O Xallas B recibe un Órdenes que tamén gañou na primeira xornada. Novo exame importante para o filial xalleiro.

12:30 – Cabana SD – UD Cerqueda

Outro duelo entre dous equipos que comezaron gañando. O Cabana chega reforzado pola vitoria en Zas, mentres o Cerqueda quere prolongar as boas sensacións deixadas fronte ao Fisterra.

12:30 – SCDR Esteirana – Bastavales UD

A Esteirana terá a oportunidade de reaccionar ante un Bastavales que chega lanzado despois do 1-4 conseguido na primeira xornada.

13:00 – ED As Miúdas – Sporting Zas

Duelo entre dous equipos que buscan os seus primeiros puntos. As Miúdas e Sporting Zas chegarán á cita tras encaixar derrotas na xornada inaugural, polo que ambos necesitan reaccionar.

.

3ª GALEGA FEMININA G2 “A COSTA”

-Xornada 2-

Sábado 10/10/2026

SD Fisterra – SD A Baña, ás 17:00 

Domingo 11/10/2026

EFCC «Juan Cabrejo» – SD Negreira, ás 12:00

Bastavales UD – Xallas FC «B» – , ás 12:00

Cabana SD – UD Cerqueda, ás 12:30

SDC Órdenes – SCDR Esteirana, ás 12:30

ED As Miúdas – Sporting Zas, ás 13:00

SD Dubra – Ponteceso SD, ás 17:00

–

–Foto : José Manuel Vázquez

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

–