3ª GALEGA FEMININA “A COSTA” : OUTES 2-1 EFCC JUAN CABREJO : “O Outes derruba ao líder e métese de cheo na pelexa polo ascenso”.

Outes FC.

Outes FC  2-1 EFCC Juan Cabrejo

Gran partido o vivido na Serra entre o Outes FC, quinto clasificado, e un EFCC Juan Cabrejo que chegaba como líder sólido malia ter caído por primeira vez a pasada xornada. O encontro, correspondente á 8ª xornada da 3ªGalega Feminina “A Costa”, concluíu cun valioso triunfo das outenses, que se colocan de forma provisional na segunda praza, a só un punto das camariñanas.

O choque arrincou con ritmo alto e dominio das líderes que foron quenes golperon primeiro. No minuto 37, Yara aproveitou unha desatención defensiva para asinar o 0-1 e poñer ao Juan Cabrejo por diante.

Lonxe de virse abaixo, o Outes regresou dos vestiarios cun plus de intensidade. Só se levaban xogados dous minutos da reanudación cando Carla Vidal, moi atenta á área, estableceu o 1-1 e activou por completo ao cadro local. Ese tanto deu ás ás outenses, que se fixeron co mando do partido.

O premio á súa mellor posta en escena chegou no 55’, cun disparo de Laura Lires que culminou a remontada e fixo estoupar de alegría ao público do Conchido. O 2-1 sería xa definitivo, malia os intentos das camariñanas por rescatar algún punto.

Coa xornada fragmentada (dous encontros máis xoganse hoxe domingo e os tres restantes aprazados para o 7 de decembro), este triunfo permite ao Outes mirar cara arriba e presentarse como un claro aspirante entre os equipos que queren estar na loita pola cabeza.

Goles: 0-1 Yara (37’); 1-1 Carla Vidal (47’); 2-1 Laura Lires (55’).

Dani Salgueiros, (adestrador do Outes FC) : “Chegaban as lideres o Conchido, un partido que nos podía descolgar un pouco ou apretar ainda máis a liga. Saimos moi serias, coas ideas super claras para ter o control do partido.

A primeira metade foi de moito control no medio, donde o balón foi noso e o Juan Cabrejo chegaba residualmente sin xerarnos moito perigo real. Tivemos varias ocasións para adiantarnos pero o balón non quería ir dentro e a porteira visitante estaba segura baixo paus. Só un despiste en unha marca, o único en todo o partido e Yara encontrase a pelota sola na área, batendo a Lía.

Na segunda parte saimos máis enchufadas arriba, e xa no minuto dous Carla batía por abaixo a porteira e colocaba o empate. O aire renovouse e Gema demostrou porque e unha das mellores da liga na sua posición e manexou o partido como quería, pausa e velocidade cando se necesitaban, os cambios déronnos ese plus que nos estaba faltando e combinando unha e outra vez chegou o segundo de Laura. Houbo algunha ocasión clara máis pero queríamos asegurar os puntos e calmar o partido.

Moi bo partido que nos demostra que competimos con calquera e que a liga vai ser moi larga e dura para todos os equipos”.

Pepucho, (2º adestrador do EFCC Juan Cabrejo) : “No primeiro tempo estivemos moi ben e adiantámonos cun gol de Yara. No segundo saimos moi mal de inicio e metéronnos dous goles. A partires deste mazazo foi un querer e non poder e elas buscábannis moi ben as costas da nosa defensa, sen deixarnos sair. Tivemos un par de boas ocasións con lanzamentos de falta, a máis clara unha de Yara que podería ser o empate e que se estrelou no longueiro. Fomos moi xustiñas de xogadoras con 13 por mor de tanta baixa e agora e nestas duas semanas que imos a estar sen competir tratra de recuperar efectivos que falta nos fai e agora cargar as pilas que por perder dous encontros nene antes éramos tan boas, nen agora somos tan malas por perder dous encontros e imos a dar guerra ata o final

3º GALEGA FEMININA G3 A COSTA
8ª Xornada
Diferentes días :

Outes FC 2-1 EFCC Juan Cabrejo

SD A Baña  Sporting Zas, 30/11 ás 17:30

Cabana SD  Xallas FC “B, 30/11 ás 18:15

Ponteceso SD  SD Dubra, 07/12

Soneira SD  UD Corcubión, 07/12

ED As Miúdas  UD Cerqueda, 07/12

-Foto Outes : Dani Salgueiro

-Texto : Xosé Búa “Pirata”