Xallas FC “B” 1-3 Cabana SD
Plantoulle cara na primeira metade o filial do Xallas da 1ª Galega ao Cabana, un dos fortes da competición que está loitando polo posto de ascenso direto co Escola de Fútbol Juan Cabrejo e co Outes, (que xogan nesta xornada antre eles), remontando provisionalmente aos dous que xogan neste Domingo e poñéndose na segunda praza, a 7 puntos do lider Soneira, que ten o título nas mans.
Adiantábase o equipo xalleiro por medio de Lucía aos 8 minutos de xogo e non era ata os derradeiros intres da primeira metade cando neutralizaba o gol o equipo cabanés por medio de Nerea. O gol sentoulles mal as de Santa Comba que vía que pouco despois e antes de irse a vestiarios chegaba o segundo para as de Cabana, por medio de Irene. O gol que sentenzaba o encontro marcado por Aroa non chegaba ata a hora de encontro.
José Manuel Vázquez, (adestrador do Cabana) :
“Partido no que o Xallas sorprendeu adiantándose pronto no marcador por medio de Lucía, pero o Cabana reaccionou e empezou a levar a iniciativa con varias ocasións. As locais sabían que, en contraataques, levaban perigo.
Cerca do final da primeira parte, Nerea empataba despois dunha xogada moi trenzada, con pase final de María Souto. Volvían mandar o balón ao pau as nosas e pronto chegou o segundo, cun centro de novo de María que remataba Irene.
Xa na segunda parte, as visitantes controlaron o partido, aínda que con algún susto. Era Aroa quen poñía o 1-3 cun bo remate de cabeza nun córner. Seguiu aproximándose o Cabana, pero as boas intervencións da porteira do Xallas evitaron máis goles.
Goles : 1-0, Lucía, (8´); 1-1, Nerea, (42´); 1-2, Irene, (45´); 1-3, Aroa, (60´).
Xallas FC “B” : Valeria, Lucía, Michelle, Aintzane, Yaiza, Saray, Mar, Laura, Daniela, Judit e Carme. Tamén xogaron : Marta, Alba, Carmen Pombo, Naiara e Noa.
Cabana SD : Míriam, Aroa, Inma, Irene, Myrella, Alejandra, Nerea, Laura, María Souto e Nuria. Tamén xogaron : Idania, Adriana, Sabela e Maía Gómez.
Árbitro : Dylan Sierra. Amonestou a Lucía polo Xallas.
.
3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”
19ª Xornada
Domingo 19/04/2026
Xallas FC “B” 1-3 Cabana SD
EFCC Juan Cabrejo – Outes FC, ás 12:00
Sporting Zas – SD A Baña, ás 12:00
UD Corcubión – Soneira SD, ás 12:30
SD Dubra – Ponteceso SD, ás 17:00
UD Cerqueda – ED As Miúdas, ás 19:00
Clasificación : PREME AQUÍ
AXENDA PIRATA con todo o dútbol senior : PREME AQUÍ
.
-Foto : José Manuel Vázquez
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
.