3ª DIVISIÓN : OS PORTEIROS BRAIS PEREIRO E JULIAN COUTO FICHAN POLO BERGANTIÑOS E FISTERRA RESPECTIVAMENTE.

Julián Couto ficha polo SD Fisterra.

 

Seguen os movementos nos nosos equipos da 3ª División, o Bergantiños CF e o SD Fisterra anunciábannos duas novas fichaxes para reforzar as suas porterías, e seguir confeccinando os seus respectivos equipos para a 2020/21.

Por parte dos de Carballo a derradeira incorporación é a de Brais Pereiro, cuarta fichaxe do Bergantiños 20/21. O porteiro porriñés (29 anos) chega a Carballo procedente do Unionistas de Salamanca e avalado por unha experiencia de oito temporadas en Segunda B nas que se converteu nun dos mellores no seu posto: áxil baixo paus, valente e moi completo.

Formado nas categorías inferiores do Porriño, militou nos cadetes do Celta, San Adrián e Salvaterra (Primeira Autonómica), Coruxo (Segunda B, catro campañas), Racing de Ferrol, Alondras, Rápido Bouzas e, o curso pasado, Unionistas Salamanca, equipo co que, na Copa do Rei, eliminou ao Deportivo da Coruña e tivo unha moi destacada actuación fronte ao Real Madrid.

“Estou moi contento de fichar polo Bergantiños”, declarou. “Teño moitas ganas de empezar e moita ilusión por este proxecto. Faremos todo o posible porque este ano sexa o do desexado ascenso a Segunda B”.

Pola sua banda o SD Fisterra que tal como vos informamos días atrás, ven de asinar o meta ex de Deportivo Xuvenil, Fabril e Lemos, Ramón Rodríguez, completa a porta ca fichaxe no día de hoxe do meta Julian Couto, que o vindeiro 20 de Xullo cumprirá 28 anos, ex de equipos coma o Bergantiños CF, CF Dumbría, Laracha CF, Arenteiro e Xallas FC, no que levaba as derradeiras 5 tempadas. Unha dilatada carreira a pesares da sua xuventude e xogando nos derradeiros 8 anos na 3ª División e Preferente Norte.

O equipo fisterrán na sua volta a 3ª División, 38 anos despois, xa leva asinado, tal e como vos vimos informando a Isaac Fábregas, que volve o clube do que foi tantos anos xogador de base e acadando numerosos éxitos, de equipo e individuais, así coma o ceense Diego Cespón procedente do CF Dumbría. 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Bergantiños CF/SD Fisterra

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies