RESULTADOS
Bergantiños CF 2-1 Fabril
Racing Club Vilalbés 3-2 SD Fisterra
Polvorín FC 1-0 UD Paiosaco
CS As Pontes 4-0 Agrupación Estudiantil
CSD Arzúa 4-0 Viveiro CF
Silva SD 0-2 UD Soozas
CLASIFICACIÓN
CRÓNICAS EQUIPOS COSTEIROS
Bergantiños CF 2-1 Fabril
Voltaba a competición o conxunto carballés tras parar unha semana por positivos en COVID-19e facíao cun derbi de amigos e de moito nivel. Adiantábanse por medio de Yelco o fío do descanso, (43´), e aguantaban o resultado ata que no 81, o carballés Alex Boedo, nacido no clube bergantiñán do que pasou o RC Deportivo, empataba de penalti, pero se a madeira da mesma cuña igualaba a contenda, 5 minutos despois un ex fabrilista, Marcos Re,eseiro marcaba o gol que lle daba a vitoria aos de Carballo.
Racing Club Vilalbés 3-2 SD Fisterra
Inxusta derrota do clube fisterrán que foi quen, nun excelete inicio de encontro, poñerse 0-2 con goles de Diego Cespón, (25´) e Álex Ramos, (28´), resultado co que se ía a vestiarios. Acurtaban os vilalbeses pasada a hora de xogo por medio de Fernando Cuadrado, (65´), e conseguían empatar a falla de 2 minutos do tempo regulamentario por medio de Santiago, (8´), e a desgraza para os fisterráns chegaba pouco despois, xa en tempo de desconto, cando José Castro, batía a Ramón e deixaba aos costeiros sen premio, tras un encontro de moito desgaste.Con 2-2 no marcador o clube fisterrán reclamou un clarísimo penalti que o colexiado Rubén Pérez non quixo pitar.
Polvorín FC 1-0 UD Paiosaco
Un tanto no desconto de Antón Escobar, deixaba sen premio a un UD Paiosaco que lle plantou cara o flial do CD Lugo e que mereceu como mínimo o punto que se lles foi no derradeiro suspro do encontro.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es