3ª DIVISIÓN, (CRÓNICA 3ª XORNADA) : VITORIA DO BERGANTIÑOS, EMPATE DE PAIOSACO E FABRIL E DERROTA DO FISTERRA”.

Silva e Fabril empataron no derbi coruñés.

 

Remontou o Bergantiños CF o gol inicial de Iker do CSD Arzúa aos 3 mintos de xogo. Non decaeu o equipo de Lemos e remontaba con goles de Agulló e Martín Lamelas nos minutos 20 e 31, para rematar coa vitoria por 1-2. Pola sua namda o Fabril empataba no derbi coruñés co SD Silva na Grela, (1-1). Adiantábanse os de Valerón aos 3 minutos de xogo cun tanto de Iván Guerrero e empataba na segunda metade Jorge Callón de penalti na segunda metade, (52´), para os do Ventorrillo. Cllón sería expulsado no 65 por dobre cartón, ventaxe que non aproveitaron os fabrilistas.

O Fisterra non puido putuar na sua segunda chance nesta competición e perdía por 21 co SD Somozas nun choque no que se adiantaban os somozás na segunda metade por medio de Luis Manuel, (54´) e poñíanse 2-0 por medio de Pablo Rey no treito final, (82´), pero un gol de Diego Cespón pouco despois, (84´), dáballe esperanzas aos costeiros, que voltaban sen puntuar por segundo encontro consecutivo.

 

 

Non se moveu o marcador na Porta Santa no “Día de tódolos Santos”, na primeira metade, foi na segunda cando Emilio Viqueira facía o 1-0 para os de “Peisaco” antes da hora de xogo, (54´). pero o xarro de auga chegaba 20 minutos despois cun tanto de Jacobo para o Agrupación Estudiantil, que se acabaría levando un punto.

 

RESULTADOS

 

 

-Foto : David Castro

-Texto : piratasdemuxia