Os socios do UD Paiosaco gozaron dunhas carpas para poder seguir o derbi.
A primeira xornada da 3ª División xa amosou o que vai a ser esto de aquí ata que apareza unha vacuna. O encontro antre o Polvorín FC filial do CD Lugo e o SD Fisterra foi suspendido o aparecer un positivo no equipo lucense, cousa da que xa informaron o pasado venres, polo que os fisterráns xa non tiveron que viaxar. Os “verdiños” terán que agardar a vindeira fin de semana para debutar na competición e farano no Arasolis recibindo o Viveiro. Para ese encontro o clube colocará sillas na volta do campo o que subirá o aforo a 450 espectadores.
Somozas 0-0 Fabril
Aguantou o empate o equipo fabrilista que xogaba o derradeiro cuarto de hora cun home menos por expulsión de Kanoute con dobre cartón. Non estiveron no banco dirixindo o choque nen Valerón, nen Manuel Pablo, por un positivo a pasada semana no corpo técnico, polo que foi o adestrador do xuvenil o que dirixeu o equipo nas Somozas.
UD Paiosaco 1-1 Bergantiños CF
Primeiro derbi da tempada e se xa empataran na pretempada en Carballo, (2-2) agora repetían na Porta Santa, pero desta volta o equipo bergantiñista foi moi superior e ata puido golear, errando numerosas ocasións, algunha a madeira, pero foi o Paiosaco, que se vía sometido, o que se adiantaba cun golazo de bolea de Edu Días, imparable para Santi Canedo aos 66 minutos de xogo. Buscou con maior intensidade o equipo de Lemos a porta defendida por Adrián Mallo e topaban o premio de penalti que transformaba Marcos Remeseiro no 77. Puido chegar o 1-2 en varias ocasións ata o pitido final, pero unhas veces a falla de definición, outra a zaga peisaquista e outras o meta, aguantaron a igualada no primeiro derbi da tempada. Dende o clube de “Peisaco” agradecen aos socios, para os que puxeron unhas carpas no “Porta Santa”, o excelente comportamento : “Dende a directiva queremos agradecer o comportamento exemplar de todos os asistentes ó encontro, respectando as normas e colaborando con nos en todo momento”.
RESULTADOS
Somozas 0-0 Fabril
UD Paiosaco 1-1 Bergantiños CF
CSD Arzúa 0-0 Racing Club Vilalbés
Silva SD 0-0 CD As Pontes
Viveiro CF 2-0 Agrupación Estudiantil
Polvorín FC-SD Fisterra, (Suspendido)
Foto : UD Paiosaco
Texto : piratasdemuxia