3ª DA COSTA : VITORIA DO SD AMEIXENDA SOBRE O CF CASTRELO, (0-1), NO ÚNICO ENCONTRO DO FÚTBOL COSTEIRO NA XORNADA SABATINA.

3ª DA COSTA

O Ameixenda suma a sua segunda vitoria do campionato.

 

11ª Xornada

Sábado 15 de Xaneiro 2022

CF Castrelo 0-1 SD Ameixenda

Hora : 16:00

Campo : “Municipal de Vimianzo”

Colexiado : Marcos Ríos Suárez. Amosoulle 3 cartóns aos locais, e 4 aos visitantes.

Duelo na popa da competición no que os vimianceses tiñan a oportunidade de deixar o posto de pechacancelas, se eran quen de derrotar os ceenses, que chegaban con 1 punto máis ao Municipal de Vimianzo, pero as cousas xa chegaban torcidas para os castrelenses pois cando tan só ían 2 minutos de xogo Adrián Conde batía o seu compañeiro Agustín Lago de maneira involuntaria. Nada prevía que este gol sería definitivo, pero xa non se movería o marcador, a pesares da busca do empate polos locais e as contras armadas polos visitantes durante o transcurso do choque.

 

Domingo 16 de Xaneiro 2022

Xallas FC 4-1 UD Corcubión

Hora : 18:45

Campo : “A Fontenla”, (Santa Comba)

Colexiado : Óscar Rey Sánchez.

 

SD Laxe 3-2 Sporting Seaia

Hora : 16:15

Campo : “Cabo d´area”, (Laxe)

Colexiado : Chrístian Sendón Villar.

 

SD Camelle-Atlético Pereiriña

Aprazado por casos de COVID-19

Recuperou o equipo camellán aos 3 xogadores e dous diretivos que tiña a pasada semana contaxiados e desta volta non se poderá xogar por haber tido positivos o equipo ceense.

Hora : 

Campo : 

Colexiado : 

 

CF Porteño 1-2 SD Oza

Hora : 16:15

Campo : “A Grixa”, (Ponte do Porto)

Colexiado : Marcos Ordóñez Rodríguez.

 

-Foto : SD Ameixenda

-Texto : piratasdemuxia