3ª DA COSTA : O SPORTING SEAIA LÉVASE O CHOQUE ANTE O SD CAMELLE, (2-1) NO COMEZO DOS ENCONTROS DESTE ENTROIDO.

 

Sporting Seaia CF 2-1 SD Camelle

O equipo seaies, da 3ª da Costa,levouse o choque na récula de encontros que se xogarán durante este Entroido, no que se xogarán os encontros que foron adiados no seu día por mor de casos de COVID-19, nuns ou noutros equipos. Os camelláns que xa xogarón o primeiro dos seus encontro a pasada semana ante o SD Ameixenda, (1-1), caían desta volta no “Pedra Queimada”, nun choque no que uns e outros podían acercarse un pouco máis a parte alta, habida conta de que dos de arriba só o UD Corcubión, ten posibilidades de seguir sumando, nesta xeira de encontros.

O encontro comezou ben para os da parroquia malpicana que se adiantaban aos 5 minutos cun tanto de Luis Manuel. Co 1-0 no marcador chegábase o descanso. Xa na segunda metade chegaba o 2-0 para os locais por medio de David Muiño. Adrián Pasantes facía o 2-1 no 74 e metía de cheo os de Camelle no encontro, pero o gol da igualada non chegaría, e serían os de Seaia os que se levarían os 3 puntos. Noite fría e con vento do nordés a que viviron ambos equipos no campo malpicán.

 

Encontros para este Entroido

 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia