Camelle e Ameixenda xogan hoxe en Cee.
O SD Camelle, da 3ª da Costa, por positivos propios, e nos outros equipos ten ata 3 encontros pendentes, dos cales xogarán na noite de hoxe venres o primeiro deles visitando ao SD Ameixenda no “San Paio de Refoxos de Xallas, (Cee). Un choque para o que xa están avisados, non contarán con auga quente nas duchas, por un problema alleo o clube ceense.
De non haber algúnha modificación por parte da RFGF, xa que se fala de aumentar a duración da liga, para que os equipos xoguen os encontros aprazados, os camelláns visitan hoxe, venres 18 de Febreiro ao SD Ameixenda, encontro adiado da 12ª xornada de liga, a partires das 21:30 horas ca arbitraxe do fisterrán Luis M. Insua Lago. O Domingo 20 de Febreiro, os camelláns reciben no “Rodeiro” ao Xallas FC a partires das 16:30 horas, choque da 16ª xornada de liga.
Os outros encontros que teñen pendentes os veciños de Man son a visita o Sporting Seaia CF, no “Pedra Queimada” de Malpica, e recibirán o Atlético Pereiriña FC, en Camelle. Antre medias, se nada troca, dous encontros máis de liga, o que sumaría un total de 6 encontros en 3 semanas.
Outros equipos que teñen encontros adiados, son o UD Corcubión, (1), e os rivais dos camelláns, Sporting Seaia CF, (1) e SD Ameixenda, (2).
16ª Xornada
Sábado 19 de Febreiro
CF Castrelo – SD Laxe
Hora : 16:30
Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)
Colexiado : Jonathan Pardiñas Blanco.
Domingo 20 de Febreiro
SD Ameixenda – Atlético Pereiriña FC
Hora : 16:15
Campo : “San Paio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : Óscar Rey Sánchez.
SD Camelle – Xallas FC “B”
Hora : 16:30
Campo : “O Rodeiro”, (Camelle)
Colexiado : Juan Marcos Ríos Suárez
SD Oza – Sporting Seaia CF
Hora : 16:30
Campo : “O Carral”, (Sofán-Carballo)
Colexiado : Iván Vilanova Antelo.
CF Porteño – UD Corcubión
Hora : 16:30
Campo : “A Grixa”, (Ponte do Porto)
Colexiado : Daniel Martínez Ferreiro.
-Foto : piratasdemuxia
-Texto : piratasdemuxia