O TÍTULO DE CAMPIÓN DA 3ª DA COSTA : “DUAS XORNADAS, DOUS EQUIPOS UN SÓ CAMPIÓN”.

SONY DSC

 

O título de campión da 3ª da Costa en xogo nestas duas semanas, nas que saberemos quen será o que suba a copa as suas vitrinas. O CF Porteño ou o CD Baiñas, ambos empatados con 58 puntos na primeira posición, pero con mellor golaveraxe os da Ponte do Porto que gañaban na Grixa 5-1 e perdían no Municipal de Vimianzo por 2-0. Polo tanto os porteños  dependen de si mesmos para alzarse co título.

O Porteño asombrou a propios e extranos na primeira metade do campionato con 14 vitorias e un empate nas primeiras 15 xornadas, pero trala lesión do seu máximo artilleiro, Lucas Caamaño foise desinflado ata deixar pola popa unha diferenza de 7 puntos co seu rival de toda a tempada e ata a actualidade, CD Baiñas.

Chegou a lesión da “sensación” do fútbol costeiro, Lucas Caamaño, máis coñecido como “Lucas do Panadeiro”, que atesoura 26 goles en 18 encontros dos que en dous xogou uns minutos, e no da lesión saeu pronto o terreo de xogo. Era Lucas cando se lesionou, o máximo goleador de tódalas ligas de fútbol afeccionado de Galicia.

Non o fixo mal o Baiñas tampouco nas primeiras 15  xornadas, pero topouse cun gran porteño por diante. Os baiñeses  tiveron 11 vitorias 3 empates e tan só unha derrota, que foi concretamente co Porteño.

A segunda volta foi completamente distinta  pois os de Baiñas conseguiron empatar cos da Ponte gracias a 7 vitorias, un empate e caendo só unha vez, polas 4 vitorias, 3 empates e 2 derrotas dos porteños.

Quedan duas xornadas, os da Ponte do Porto renden visita ao SD Laxe que se xoga entrar no Play-Off de asecenso e rematan a liga a Grixa ante o CD Nantón, e os de Baiñas visitan este Domingo o Malpica e acaban no Municipal de Vimianzo ante o CF Lira, que podería xogarse o derradeiro cartucho de entrar na promoción, dependendo do que fagan esta semana e do que faga o Laxe co Porteño.

Polo tanto etsa fin de semana dirá moito do devir do remate deta liga da 3ª da Costa, a mellor en moitos anos, despois dos desagravios da Federación nos derradeiros anos ca mesma, con 3, 4 voltas e con menos equipos ca na liga de chaves.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”